27/05/10

ESCOITAR POESÍA



Hoxe como actividade adicada aos do club de lectura recibimos a Dores Tembrás, doutora de Filoloxía Hispánica que nos falou sobre o libro de poemas "O pouso do fume". Pareceume moi interesante, porque a poesía é un dos xéneros que máis me gustan. A autora lembrounos un pouco a súa infancia cos poemas. Ela seguiunos animando a seguir lendo, porque lendo e escribindo aprendese moito; a ela encántalle que dispoñamos dun clube de lectura no instituto. Porque ela antes non dispoñía diso, se quería ler lía un libro pola súa conta. Ao final da actividade Isabel a de 2º, foille dar un agasallo, que era un libro que contiña imaxes. Xustamente ela traballaba moito coa imaxe. Logo asinounos os libros, e un autógrafo. Encantoume moito a súa forma de ler os poemas, como entoaba, etc.





Se queredes ver outro vídeo sobre ela premede aquí.

Adico esta entrada a Dores Tembrás. Grazas por vir ao instituto e darnos esta fermosa charla sobre o teu libro.

Fernando Costa

16/05/10

PREGÓN

Libros contra a soedade do home.

Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar e adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores
non son solo nosas
e pra mover a solidaridade
que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver á orixe,
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que poido ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpable.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio
e que nos pode chegar,
que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.

Libros pra ser libres (importante). 

Uxío Novoneyra

07/05/10

DE VISITA NO INSTITUTO DE MONELOS


Fomos escoitar o escritor Fran Alonso que nos falou do seu libro Cartas de Amor e da súa experiencia ao pé do volcán Zé. Contounos moitas anecdotas da súa vida e de como se baseaba para escribir os libros. Pareceunos interesante a súa charla e gustounos moito pasar ese rato con el.

Carolina Paz, Paula Blanco 3ºA

06/05/10

Encontro con Fran Alonso


A comezos do segundo trimestre no Club de lectura (segunda etapa) lemos Cartas de amor de Fran Alonso. Este libro aportounos unha nova visión da vida a través das vivencias dramáticas e reais que nos fai chegar un grupo de mulleres de distintos países. O IES Otero Pedraio logrou traer o autor a esta cidade e convidounos a compartir un encontro con el.


(fotos do autor e alumnado de Elviña agardando para asinar libros)