29/03/11

O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA

O Diario Vermello de Carlota é un libro escrito no ano 2003 por Gemma Linares. Unha característica do libro é parello ao Diario Vermello de Flanagan. O libro relata temas de sexualidade e esta feito principalmente para adolescentes.


O libro comeza cando Carlota coñece a Flangan, un chico do que acaba namorándose, nese instante os dous deciden comezar a facer un diario vermello no que recoller todas as informacións que teñan sobre ás relacións sexuais... e tamén a experiencia que vayan obtendo. O libro relata todas as esperiencias sexuais dende o punto de vista femenino.


É un libro moi interesante e que deberían ler todos os adolescentes e non soamente as rapazas, dado que desta forma aparte de entreternos co libro aprenderemos sobre a anatomía das rapazas e a forma de pensar que teñen a maioría.

27/03/11

BONITA EXPERIENCIA

O día 16 de marzo, os alumnos de segundo de ESO, tivemos unha bonita experiencia. Dores Tembrás , a escritora que coñecimos o ano pasado, veunos visitar. 
Esta vez fixemos unhas actividades para coñecer mellor o mundo da poesía e alimentar a nosa creatividade.
Primeiro púxonos unhas imaxes de pintadas de xente que se dedicaba á poesía. Dores, cada vez emocionábase máis e transmitíame toda a súa enerxía
A biblioteca parecía unha festa, onde as letras e palabras eran as grandes protagonistas, e unha delas queríame coller da man para coñecer ese marabilloso mundo. Sentinme moi ben coas palabras de Dores. Antes no pensara en ler un dos seus libros, máis agóra é unha das cousas que teño que facer. Deime conta de que non fai falta ser famoso para ser un bon escritor, se non que, sentir as palabras, coñecelas, ser as súas amigas como é Dores. 
Agora ata penso que eu poida crear un mundo con palabras como o fai ela. Gustaríame moitísimo que o ano próximo, volvera a vir.
E a todos os que non descubriron a chave para entrar nese mundo, recoméndovos que leades algún libro dela.

Yanca Almeida

21/03/11

DIA MUNDIAL DA POESÍA

nin circunferencia
nin esfera
nin círculo

redondel si

Feliz día da poesía!

20/03/11

POESÍA E GRAFITTI

O 16 de Marzo, Dores Tembrás, a autora do libro "O pouso do fume", veu a falarnos do mundo da poesía. Algúns de nós xa a coñeciamos do ano pasado que nos viñera a falar do seu libro. 
Cando entramos na biblioteca, parecía que estabamos nun mundo cheo de fantasía, había poesía por cada recuncho máis agochado. 
Dores radiaba felicidade e sentimentos por cada poro da súa pel; en cada palabra, en cada frase que dicía notábaselle que a poesía e a escritura, son o seu mundo o que a fai felíz. Cando nos estaba aprendendo a submerxir nese mundo de sentimentos, cada mirada transmitiame moita ternura e faciame sentir moi a gusto.
Vivir outra vez unha experiencia coma está con Dores, alegroume moito, e espero que para o ano veña facernos outra visita chea de ledicia e fantasía.
JESSICA, 2ºB




SE QUERES VER AS NOSAS ACCIÓNS POÉTICAS, PREME AQUÍ

DORES LÉMBRANOS no SEU BLOGUE . MOITAS GRAZAS.


15/03/11

AÍNDA NON SABES O QUE É UN HAIKU?


haiku é unha das formas da poesía tradicional xaponesa máis estendidas.
A palabra haiku provén de haika, un poema no cal o comezo era chamado hokku. Este comezo foi o máis importante da cadea ata 1890, ano no que o haiku comezou como unha arte independente.
A finais do século XIX, Masaoka Shiki separou o hokku e creou o haiku por primeira vez. O primeiro escritor de haiku é Shiki, reformador do hokku.
O haiku está composto por tres versos de 5, 7 e 5 sílabas respectivamente, sen rima. Acostuma conter unha palabra clave que indica a estación do ano á que se refere. Algúns consideran que o haiku debe combinar dúas imaxes distintas que se relacionan no terceiro verso e debe estar escrito en presente e ter unha pausa ao final dun dos dous primeiros versos. 
Á hora de redactar un haiku estas regras moitos poetas non as teñen en conta, especialmente cando adaptan o haiku a outros idiomas.
Tradicionalmente o haiku, así como outras composicións poéticas, busca describir os fenómenos naturais, o cambio das estacións, ou a vida cotiá da xente.
Na actualidade, acostúmase ensinar a escribir estes poemas curtos en escolas occidentais, aínda que dunha forma moito menos estrita, respectándose unicamente o formato silábico.

Deixovos unha selección de haikus feita por min.


Fernando, 2ºA

O DIARIO VERMELLO DE FLANAGAN

Este libro é unha mestura dun diario dun adolescente que está empezando a súa vida sexual, e unha novela na que se intenta informar sobre todo o que ten que ver coa sexualidade.
Está moi ben porque fala de todas as maneiras.
Gústame moito porque non se corta, non hai temas tabú.
Fala desde os organos sexuais ata os preservativos e demáis prevencións do embarazo e de enfermidades de transmisión sexual.
Penso que todos deberian lelo, tanto nenos coma nenas. Aos nenos quitaranlle algunha dúbida que poidan ter, e as nenas faralles pensar e porse no lugar do outro.
Aparte de falar da sexualidade no corpo tamén fala do que nos afecta á personalidade: de como podes ter un lío enorme na cabeza pola culpa das hormonoas e faíte sentir que non es o único no mundo que non sabes o que queres.
Recoméndollo a todo o mundo, de todas as idades, de todos os gustos, relixións e por suposto ambos os dous sexos.

Marta Riveiro, 4ºB

12/03/11

A terra quéixase

O día 11 de marzo de 2011, Xapón viviu a súa maior traxedia dende a 2ª Guerra Mundial. Un terremoto de 9.0 na escala de Richter, acompañado por un maremoto de ondas de 10 m, destruiu unha grande parte do país deixando máis de 1.000 mortos e máis de 88.000 desaparecidos. Ainda que lles preocupe os efectos do terremoto e o tsunami, máis lles afecta a central nuclear de Fukushima, na cal algúns dos seus reactores xa explotou. Agóra temen que haxa unha fusión do núcleo, na que implica unha fuga radioactiva.
Impresióname que esa xente, ainda que o perdan todo, seguen mantendo as ilusións de reconstruir o seu país e seguir adiante. Estou moi pendente das noticias, por algunhas imaxes que chamáronme moitísimo a atención, como a que encontraron un bebé vivo no meio de todos os escombros e outra dun can que axudou a outro ferido.
Emocióname moito o que lles pasou, porque algunha xente perdeu os seus irmáns, pais, fillos e fillas e o que máis me chega, é que ainda que teñan a súa mirada perdida na tristeza, a súas ilusión non morreron.


Yanca, 2ºB

11/03/11

SEGURO QUE TES LIDO ALGÚN LIBRO DESTE AUTOR


Agustín Fernández Paz un escritor considerado o Nobel da literatura para mozos. É candidato ao Premio Andersen. Este galardón da literatura infantil e xuvenil que concede o IBBY cuxo significado é : International Board on Books for Young People. Na Feira de Buloña no 2012 coñecerase se este premio será para Agustín.

10/03/11

HAIKU, A POESÍA XAPONESA

Aquí está o meu haiku.

Aínda non sei moi ben cómo funciona, pero vós podédesme axudar.
NOEMI, 2ºA

09/03/11

MAXIAS NA ESCRITA

Este libro narra a historia dunha nena chamada Joana Dalva de 13 anos que soña con ser escritora, un día ao facer unha redacción na clase sobre a súa ídolo Xoana de Arco, descubre que nesa redacción algo máxico sucede, xa que, logra darlle a volta a historia de Xoana de Arco, facendo que teña un remate inesperado na súa morte. Así, é como descubre que coa man esquerda todo o que escribe pódese facer realidade.
En canto a súa familia, non hai moita felicidade, xa que, os seus pais están a piques de separarse, a súa avoa Nina está moi maliña e o seu irmán pequeno, que para ela é o neno máis pesado do mundo.
Todo eso poderao arranxar con un pouquiño de bruxería; que non acabará como ela o esperaba.
O problema xurde cando en cada texto que escribe provoca consecuencias que ela non tiña previsto; como cando cura a súa avoa Nina e a converte nunha adolescente, e esta se namora de Guto, un rapaz do que Joana estaba completamente namorada.
Joana terá que enfrontarse as súas compañeiras e a súa avoa polo amor de Guto. E por si non tivera dabondo, recibirá unhas notiñas dun admirador secredo; no que descubrirá a completa realidade.
 

 2ºA, Laura, LIBROS

HAIKU, A POESÍA MÁIS ENTRETIDA

Aquí vos deixo o exemplo do meu haiku.

Que é unha das formas da poesía tradicional xaponesa máis estendidas. E que podes poñer pegatiñas, imaxes, fotos, vídeos, engadir moitas cores etc.

Animádevos tamén a facer un Haiku!
MIRA ESTA PÁXINA  E INSPÍRATE


Laura, 2ºA