28/03/14

Recoméndollo a todo o mundo


    O  libro consta de catro contos cortos, que, según di o propio autor nun momento da narración, son historias que lle conta o seu pai anos atrás...         se queres saber máis sobre o autor preme aquí.
Sara Gestal 2º A 

27/03/14

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Nun día coma hoxe, unha maneira de homenaxear o teatro pode ser o feito de recordar ou aprender vocabulario relacionado con el.

23/03/14

É A AUTORA DA TRILOXÍA 'DRAGAL' PARA MOZOS



Elena Gallego profundiza na novela negra en galego con 'Sete caveiras'

20/03/14

Se che gustan os libros de misterio, intriga e un chisquiño de amor



Asústate Merche é unha novela que trata sobre Auria, unha nena de 15 anos que, a partir dunha esquela dun xornal, descobre unha terrible verdade que a empuxa cara o suicidio...
Cynthia Rodriguez  2º A

19/03/14

Onte 554: Noite da edición 2013


preme aquí para ver a reportaxe fotográfica

17/03/14

OS FILLOS DO MAR




A principio do trimestre, no club de lectura, comezamos a ler esta fantástica novela escrita por Pedro Feijoo,"Os fillos do mar". Unha gran mestura entre aventuras, suspense, historia e amor.

Despoís de primeira impresión de "buf que gordo" cando o vin, unha vez que comezas a lelo a ganas de saber máis aventuras impide que o deixes aparcado.

Simón Varela é un arquitecto vigués un tanto mediocre que un bo día recibe a chamada de Isabel Llovet, a cabeza dunha importante e turbia familia das máis poderosas de Vigo, para ofrecerlle un proxecto de restauración na Casa Grande. Despóis da morte da señora Llovet, Simón vese sumerxido nun gran lio no que ao principio non entende porque está alí. Xunto a Mariña, filla de Isabel e Eneas Dafonte, empezan a investigar o verdadeiro pasado da familia e a causa pola que el está metido nesa intriga da que xa non pode sair.

Toda esta historia contada cun gran toque humorístico e a importancia da arquitectura de Vigo, a cal Pedro Feijoo nos describe dunha forma tan detalla que na nosa mente parece que estamos vendo unha fotografía. Non so de Vigo senón tamén a importancia que cobra no relato a ponte de Rande, a illa de Ons e a ría de Vigo.

Resumindo, é unha novela un pouco extensa pero que merece moito a pena que a leades.

Ana Vázquez, 1º Bacharelato

13/03/14

OS FILLOS DO MAR



Na 2ª avaliación os alumnos do club de lectura lemos o libro "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo, unha novela na que a historia principal esta baseada no tesouro afundido dos galeóns de Rande.

Gustounos moito este libro porque é moi entretido e ainda que é un pouco longo, é moi sinxelo de ler.
Parécennos moi interesante como o autor describe ata o último detalle da cidade de Vigo, do burato do inferno...
Recomendamos a lectura desta novela.
Esta novela creounos curiosidade e puxémonos a investigar sobre se a historia contada no libro sobre o afundimento dos galeóns que viñan de América era verdade...
Se queres saber máis... preme aquí

10/03/14

OS FILLOS DO MAR


Illas Cíes
Ao comezo da novela atopámonos cun mapa cartográfico da costa sur de Galicia, onde aparecen a ría de Vigo e de Pontevedra. Fronte elas, sitúanse as fermosas illas Cíes e de Ons, onde aparece o Burato do Inferno.
Burato do Inferno (illas Ons)

Vigo, unha cidade que Pedro Feijoo describe de forma fotográfica: ensínanos as rúas, prazas, os edificios (moitos deles construídos polo arquitecto Pacewicz).

09/03/14

Sal al jardín y verás cómo la noche nos envuelve...

Deixounos Leopoldo María Panero, un dos poetas oficialmente malditos. Oscilaba perigosamente entre a loucura e a xenialidade e por iso pasou gran parte da súa vida recluido nun manicomio. "La locura existe, no así su curación. Al contrario de lo que se piensa, lo malo es el consciente, no el inconsciente. Como decía Rousseau, el hombre es bueno por naturaleza y es la sociedad la que lo vuelve monstruoso".
Publicou libros como Teoría, Narciso en el acorde último de las flautas, Last River Together, El último hombre, Poemas del manicomio de Mondragón, Contra España y otros poemas no de amor ou Locos. A súa obra é inclasificable e fascinante. Marchou uns días despois da súa amiga e amada Ana María Moix, artista e musa tamén dos Novísimos; desexamos que descansen nesa paz que lles foi tan esvaradiza sempre.