30/05/15

27/05/15


Un libro-disco ambientado en 2050 nunha Galicia na que o inglés é lingua cooficial. A peza, autoría de Mark Wiersma e Miguel Mosquera Fociños e ilustrada por Iván Sende, céntrase na historia de Sira, unha nena de 10 anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa que non remata de atopar o seu lugar nesta moderna sociedade.

16/05/15

Asistimos a un taller de banda deseñada e disfrutamos dun concerto poético

O venres 15 de maio xuntámonos os clubs de lectura iunior de Monelos, Monte das Moas, Zalaeta, Agra, Rafael Dieste e nós Elviña no Ágora. Asistimos a un taller de banda deseñada impartido por José Domingo; o artista explicounos o proceso creativo desde os seus inicios: idea xeral, confección do guión, bocetos, debuxos iniciais e entintado dos mesmos, coloreado e revisión final. E non só iso; ofreceunos unha primicia mundial: os bocetos do seu novo libro sobre un par de rapaces aventureiros (Pablo e Jane) que vai ser publicado en outubro. Agardamos impacientes. Mentres tanto se queredes ver varios dos seus debuxos podedes facelo aquí...




Non acaba aquí o conto: volvemos disfrutar da poesía e da música de Lucía Aldao e María Lado; ofrecéronnos o seu espectáculo "Con cen poemas por barba". Xa somos fervorosos seguidores deste marabilloso dúo:


E no Ágora participamos na fotomontaxe do día das Letras Galegas:








06/05/15



"Non hai literaturas menores, hai obras e autores maiores e menores. E algún mérito terá a literatura infantil e xuvenil se consegue crear lectores e que eses rapaces que medran con eses títulos logo de adultos sigan a ler en galego"

Na entrevista que lle fai César Lorenzo Gil en Biosbardia o autor confesa que “escribir deixou de ser imprescindible " para el.

02/05/15

DESDE MAZARICOS...


O poeta Ismael Ramos Castelo fíxose con Os fillos da fame coa XVIII edición do Premio Johán Carballeira de Poesía. Con só vinte anos, o poeta, que gañou xa outros certames literarios, súmase á listaxe dun premio consolidado que teñen xa recibido relevantes nomes da poesía galega.