Amosando publicacións coa etiqueta PREMIOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PREMIOS. Amosar todas as publicacións

16/10/16

O vento sabe a resposta...

O vento sabe que merecen ser laureados os poetas e os músicos. Sábeo desde os principios dos tempos, cando os aedos ambulantes tiñan un respecto e unha consideración que ía de boca en boca e facía que foran ben acollidos en calquera lugar. Por iso é tan coherente que lle deran o premio Nobel de Literatura a un bardo da nosa época: Bob Dylan. Deixamos que falen as súas cancións...



Deixamos tamén esta que é unha das nosas favoritas:



02/09/16

21/09/15

PREMIO BLANCO AMOR 2014


«Na novela quería falar de como son os totalitarismos e como se vive o ascenso do fascismo»



10/06/15

O asalto definitivo da Xeración do Novo Século



 O escritor Héctor Cajaraville gañou o Premio Xerais de Novela 2015 coa obra "De remate", mentres que a narradora Érica Esmorís recibiu o Merlín de Literatura Infantíl pola obra "Nena e o mar". Ademais, "Europa Express", de Andrea Maceiras obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

02/05/15

DESDE MAZARICOS...


O poeta Ismael Ramos Castelo fíxose con Os fillos da fame coa XVIII edición do Premio Johán Carballeira de Poesía. Con só vinte anos, o poeta, que gañou xa outros certames literarios, súmase á listaxe dun premio consolidado que teñen xa recibido relevantes nomes da poesía galega.

29/04/15

24/04/15

O escritor Agustín Fernández Paz acaba de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos Clubs de Lectura dos centros de ensino polas Bibliotecas Escolares de Galicia.
Le+

23/04/15

Juan Goytisolo: "La luz brota del subsuelo cuando menos se la espera"

Este ano concedeuse o Premio Cervantes a Juan Goytisolo, autor polifacético que habita en Marrakech e ten unha ollada especial (máis obxectiva e periférica) cara Occidente. Coma sempre, o mellor xeito de coñecer a un escritor é lendo a súa obra, pero aquí queremos deixar constancia do seu intensísimo discurso na cerimonia de recepción do premio: “Volver a Cervantes y asumir la locura de su personaje como una forma superior de cordura, tal es la lección del Quijote. Al hacerlo no nos evadimos de la realidad inicua que nos rodea. Asentamos al revés los pies en ella”. Un aplauso para Goytisolo.


04/04/15

ALGÚN XA O TEMOS LIDO.... A POLOS OUTROS!


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de anunciar os candidatos finalistas da 16º edición do seu premio anual.
No apartado Literatura Infanto-Xuvenil estes son os finalistas: 

03/04/15

O I Premio Nélida Piñon para Xesús Castro Yáñez

“O vello e o Minotauro” recrea a historia do mito clásico de Teseo, Ariadna e o Minotauro para revisitalo dende ángulos complementarios e anovadores.

17/03/15

Premio Xosefa Vilarelle ao Libro Educativo.

preme  na imaxe

Pepe Carreiro fainos unha nova entrega da súa particular visión da historia dirixida ao público infantil, especialmente a de Galicia, iniciadas coas Historia da Lingua galega e Historia de Galicia.