21/06/16

Despedimos os clubs deste curso

Este ano as dificultades climáticas anularon o picnic para finalizar o club entre risas e gratas compañías. Pero o que a meteoroloxía non nos pode impedir é reunirnos e falar do vivido, do lido e do moito que nos queda por ler. Moitas grazas a todos e a todas por participar, ás veces con tanto entusiasmo, e por darlle vida a este noso centro.


O que si conseguimos cos lectores de primeiro (non todos) foi un delicioso paseo-inspección pola libraría Moito Conto e polo centro da cidade sen esquecer as necesidades corporais...


Mercamos libros como La reina roja, El nombre del viento, El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares, Cuatro, El corredor del laberinto, La lección de August...Todos libros escollidos polos integrantes e que lerán no verán primeiro e despois formarán parte da Biblioteca. Déixovos cos comentarios dos implicados escritos nun caderno de bitácora improvisado:
- "Unha boa experiencia moi boa e instrutiva, e encontramos unha libraría de confianza"
- "Una buena idea la de excursiones espontáneas tan divertidas y simples como estas"
- "Foi unha moi boa experiencia na que encontramos lugares entretidos"
- "Unha boa saída para ser tan simple, xa que o pasamos moi ben"



Queremos agradecer tamén o traballo dos colaboradores/-as como Pepa (alma e esencia), Loli, Carmiña, Marta, Quique e os doces agasallos de Luis. Convosco medra e baila a lus como se todo o ano fora unha Noite Meiga. 
Felicem aestatem!!!

19/06/16

«Ler é vivir moito máis e moito mellor»,

preme na imaxe
elixe os teus argumentos

03/06/16

Lemos e actuamos

Os libros de cociña son para ler e para facelos realidade. Nós lemos sobre a comida de Grecia e decidimos levala á práctica. Podedes velo neste vídeo:


GÚSTANCHE AS HISTORIAS DE MEDO ? _ANDREA CASTRO

                     

Unha nena chamada Nube, é levada a un campo de concentración xunto ó seu avó por ser diferente ós demáis. Pois Nube ten un gran cociente intelectual e o seu avó é un inventor de primeiras. Pero no campo no é todo normal, pois os soldados son lobos. Xunto co seu compañeiro de caseta; Mun, o albino; a neta e o avó descubren secretos que ninguén imaxinaría xamáis sobre os lobos, e que lles levará a intentar escapar daquel terrible lugar ainda que teñan que romper as normas do recinto e sacrificarse por elo. Pero non é o único recinto que hai que salvar dos malvados lobos, pois existen moitos máis.

Eu recomendo este libro á xente que lle gusta as historias de medo. Tamén penso que este libro conta o medo que pasaban os xudeus cando eran encerrados e maltratados por ser de diferente relixión.