28/11/14

Club de Lectura Xuvenil Quérote+

Club de Lectura Xuvenil Quérote+ celebrarase na Biblioteca de Ágora a partir do 8 de Xaneiro e nace como un proxecto de colaboración cos centros Quérote+ – parte indispensable na escolla de títulos e preparación de sesións –  e dirixido a rapaces de 14 a 18 anos.



Se queredes consultar os títulos propostos podedes acceder directamente polo enlace inicial ou consultar aquí



26/11/14

O premio de poesía galega Afundación vai para Islandia

Elías Portela ou tamén Elías Knörr é o gañador do XII Premio de Poesía Afundación pola súa obra Bazar de traidores. Portela- Knörr é xa un recoñecido escritor en galego e islandés, lingua da que é tradutor.

25/11/14

Juan Goytisolo

O escritor Juan Goytisolo foi distinguido co premio Cervantes das letras. É o galardón máis importante das letras españolas; entrégase o 23 de abril do ano vindeiro, data do aniversario do autor do Quijote.


Segundo o xurado foille entregado polo seu afán indagatorio na linguaxe e pola súa proposta permanente de diálogo intercultural. E é moi evidente que o conxunto da súa obra é ben variado e heteroxéneo; é sorprendente contemplar a súa extraordinaria evolución desde o realismo. Se queredes investigar sobre el podedes facelo nestes enlaces.

17/11/14

AVENTURAS? INTRIGA PARAPOLICIAL? FORMIGAS?


Non é doado atopar novas propostas literarias para ese sector do lectorado que  non é quen aínda de abordar lecturas xuvenís, isto é, obras que se amolden ás experiencias lectoras aínda en formación.
Para paliar esta lagoa Pere Tobaruela e Andrés Meixide publican o primeiro volumen do que constituirá unha serie dentro da que, alén deste título, xa se editou Misión Nova York

16/11/14

Un libro sobre o mítico Rei Artur antes de pasar a ser un personaxe de lenda. Poucos saben da súa vida antes de entrar na historia. Este libro vén solucionar este enigma.

15/11/14

UN LIBRO CHEO DE HISTORIAS SORPRENDENTES


O caso mais extraño do detective Marschen es del autor Frias Conde, Xavier y trata de
Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Hainas fantásticas e outras non tanto. Poderedes atopar de fantasmas, de homes que se converten en bólas inzadas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos? cada historia é diferente, mais todas teñen un final sorprendente. Non o acreditas? Pois entón colle o libro e le nel.

13/11/14

A inesperada aparición dunhas cartas, que descobren unha historia de amor oculta, condicionará o seu destino.


Tres días despois do comezo da rebelión militar no Protectorado de Marrocos, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase na columna de mineiros que intenta parar o golpe de estado en Galicia.
Ante o fracaso desta desesperada acción, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os outeiros da serra ou fuxir nun dos vapores que saen do peirao de Vigo cara a Buenos Aires. 

12/11/14

Mark Haddon, John Boyne, Domingo Villar e Fernández Paz, os preferidos do alumnado de Secundaria

Que é o que len os estudantes de ensino medio? Contestar con certeza a esta pregunta é misión moi arriscada. Aínda así, podemos ter unha idea aproximada consultando as memorias de máis de 200 clubes de lectura doutros tantos centros de ensino secundario do país relativas oa curso 2013/2014.

11/11/14

INTRIGAS NO GRAN HOTEL DE MONDARIZ


Espazo de glamour e altos voos no que cruzan os seus camiños diversos personaxes para vivir unha aventura inesperada na que teñen moito que ver dous intrépidos rapaces (mozo e moza) e un posible atentado a un visitante ilustre e, polo mesmo, a Xefatura do Goberno da España riveirista.

10/11/14

Un enredo nunha imaxinaria vila galega dos anos 60 do pasado século no que enfronta a moral conservadora e retrógrada dun crego chapado á antiga co devezo de modernidade e progreso do dono dun cinema. A carón de don Nemesio (o cura) e Atilano (o exhibidor cinematográfico) un terceiro personaxe de enlace: Dousreás, o singular taberneiro do Café Moderno, ‘pastor’ desoutra ‘parroquia’ alén a beatería dos fregueses e a fascinación soñadora dos cinéfilos: a tropa etílica. A canda estes tres personaxes, outros secundarios que contribúen a completar o elenco e soster a narración, como o enigmático motorista Manfredo, a fermosísima vendedora de billetes Mariví, o impenitente proxectista Valboa ou Lambón, o aparvallado ‘sobriño’ do sacerdote.

05/11/14


UNHA ATRACTIVA INTRIGA DETECTIVESCA, LEVADA DA MAN DUN INTUITIVO XORNALISTA, CONDÚCENOS ATA ESA CONVULSA BARCELONA DO ANO 1934, RETRATADA SUXESTIVA E ACERTADAMENTE.

04/11/14

OUTRA NOVELA NEGRA

O enxeñoso comisario Salorio, grande afeccionado aos praceres da vida terá que se responsabilizar da resolución dun caso aberto que nace coa descuberta dun cadáver espido na Quintana dos Mortos, aparecido coma “se chovese do ceo” e que leva nunha nádega a misteriosa tatuaxe dun anxo.

03/11/14

Que acontecería se un día ao te ergueres descubrises que a civilización está a se caer en pedazos?



Iso é o que lle sucede ao protagonista de Apocalipse Z. O comezo da fin, un avogado que leva unha vida tranquila e rutineira en Pontevedra, até que un escuro incidente nun afastado país do Cáucaso provoca unha epidemia de proporcións devastadoras que ameaza con aniquilar a toda a humanidade da face da terra. A medida que a enfermidade se achega devorando país tras país, o caos comeza a estar presente tamén na Galiza.
Urco Editora presenta para o público galego a tradución desta novela de terror zombi, éxito de ventas mundial, que se completará coa publicación das seguintes partes Apocalipse Z. Os días escuros e Apocalipse Z. A ira dos xustos