23/12/11

FELICES VACACACIÓNS


BÓTALLE UNHA PANXOLIÑA PREMENDO AQUÍ

19/12/11

DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN


Escrito por Sérgio Klein, "Poderosa" é  un libro moi interesante, aínda que ó principio non engancha demasiado, xa que  conta a vida normal dunha rapaza de 13 anos e non parece que vaia pasar nada. Non sorprende, apenas hai nada especial no primeiro capítulo, pero axiña cambiará todo.

De aí de diante gustoume moito, xa que trataba dunha rapaza da miña idade á que lle pasaban cousas que eu quixera que me pasaran. Líao polas tardes e ás veces antes de ir a durmir, para enterarme ben da historia. 

Seda

A nosa relación coa lectura é moi boa xa que dunha vez que comezamos a ler non hai quen nos quite o libro das mans..
Cando nos dixeron que tíñamos que ler "Seda" quedamonos un pouco extrañados xa que nunca escoitaramos falar deste libro.
Logo,empezamolo a ler e resultounos un pouco aburrido, pero o comezar a transcurrir a historia o noso pensar cambiou e resultounos máis entretido xa que non só fala das viaxes que facía o protagonista se non tamén da pequena historia de amor que se narra.
Recomendamosvos sen ningunha dúbida este libro porque resulta interesante e ensina moitas cousas novas que seguro que non sabedes.
 Escrito por: Ainhoa López,Alba Rey,Jessica Marcote,Sergio Suárez e Sara Solanas.

13/12/11

O CORAZÓN DO BOSQUE





  Agustín Fernández Paz naceu en Villalba no ano 1947 e é o autor de este libro.

Para min foi un libro moi divertido e engancheime a lelo dende o principio.
A historia trata dunha nena que vai a fraga do Eume de excursión co seu colexio e ao chegar a casa foise a dormir pero, pola noite un ruido que porviña da súa
mochila despertouna,abriu a mochila e viu que era un trasno! Logo ocórrenlle moitas aventuras que se as queres saber,vades ter que ler o libro! Os personaxes principais son Raquel ( a nena ) e Derdrín ( o trasno ).
Recoméndovos este libro porque é moi entretido e as follas pásanche voando, e cando te das conta só quedan 5 ou 6 páxinas para que remate, aínda que che gustaría que continuara.


12/12/11

LER PARA TRANSFORMAR O MUNDO




Agustín Fernández Paz constitúe un motivo de orgullo para os galegos, unha persoa da quen presumir, nestes tempos escuros onde ás veces semella que hai moi poucas luces. El é un faro potente que nos guía. Grazas, Agustín, por todo.

Acaba de recibir na cidade de Guadalajara, ao oeste de México, o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil SM e o seu discurso de agradecemento foi o dun verdadeiro mestre, reflexionando sobre o oficio de escribir e a necesidade da lectura.

Eis uns fragmentos:

05/12/11

O laboratorio do doutor Nogueira

   Este libro foi publicado no ano 2003, por Agustín Fernández Paz, pedagogo e escritor galego. Caracterízase pola cantidade de obras que ten, máis de 50, polas que recibíu abondos galardóns. El é unha das persoas máis recoñecidas a nivel lilerario, en Galicia.
              
   O doutor Nogueira é un científico millonario que oculta a súa verdadeira identidade. El vive entregado a loitar  contra os problemas que impiden a felicidade dos humanos. Dende o seu laboratorio secreto, idea e fai remedios para distintos tipo de problemas, pero en vez de facer o efecto que el quería provocan o caos entre a poboación. Esta obra é unha narración que contén humor e ironía, que ademáis nos ofrece unha crítica sobre a sociedade actual.
      
  Persoalmente este libro extrañoume moito, xa que eu pensaba que ía ser menos ameno do que me resultou. O   principal rasgo da obra é o humor e sorpresa que trata. Creo que moita xente se tiña que animar a lelo xa que de seguro que vía as cousas de maneira diferente.

: 4ºA, LER, Manuel

30/11/11

Como chamas á túa bicicleta? CELERÍFERA?





Este libro, escrito por, Teresa González Costa .Cando o empecei a ler pareceume algo aburrido, aínda que seguín con el. En pouco tempo empezoume a gustar, xa que a historia parecíame moi interesante.

A filla do ladrón de bicicletas, conta a historia dunha nena chamada Serafina. Ainda que era moi boa ás veces a xente desconfiaba dela, xa que o seu pai roubara todas as bicicletas da vila na noite de San Xoán.

Serafina e o seu mellor amigo Milo, un gran pintor, viven toda clase de aventuras acompañados do vello Elías, o doutor, como o chaman eles xa , que pode arranxar toda clase de cousas e, por suposto, acompañados de Celerífera a bicicleta de Serafina.

Ela vive coa súa tia Perfecta, antiga e famosísima soprano, que se adica a amargarlle a vida xa que Serafina limpa, cociña, nada é dela e non pode ter bicicleta, aínda que ela a garda ás escondidas no taller do doutor.

Gustoume moito o libro e a historia que conta e, tamén, como a conta. A protagonista persegue o seu soño aínda que só ela cre nel, soporta a súa insoportable tía Perfecta. Recomendo este libro porque é moi interesante, e seguramente pasase un bo rato léndoo.

Naiara 2º A

25/11/11

QUE É UNHA RELACIÓN?


CONTRA O MALTRATO: XUNTOS PODEMOS

Únete a esta loita contra o maltrato, porque estou segura de que algún día, todos xuntos, lograremos acadar a esperada igualdade de xénero. O número de mortes é moi alto e non se pode pasar por alto un dato así, asique, A QUE ESPERAS? Ti podes axudar, cada persoa conta e, en casos coma estes é preciso estar todos xuntos para logralo, non permitas que esta historia teña un final triste porque podes axudar para evitalo. Le esto e pásao, pásao por onde sexa para que máis xente se decate.informa-infórmate-infórmame-infórmanos! Axudémolas, nunca se sabe, pode que algún día che pase a ti, e nese caso non queremos estar sós/as. En Facebook, en Twitter... Eu xa estou, agora faltas ti, non esperes. CONTRA O MALTRATO, XUNTOS PODEMOS!
Rosalía Chans 4º A

24/11/11

UNHA PRESA DE TERRA

A autora deste libro é Marilar Aleixandre, aquí tedes a súa páxina web http://www.marilar.org/ . Unha das razóns pola que lín esta obra foi que non coñecía a escritora, e tamén porque as primeiras páxinas me gustaron.
Ademais destacar que esta narrativa foi galardoada co Premio Novela por Entregas da Voz de Galicia.
A obra comeza coa aparición dun asasinato, concretamente de Lulú, a protagonista do relato, é a partir deste suceso polo que se desenvolve toda a historia. Por unha parte a policía empeza a investigar o crime, a partir de probas encontradas e traballadas por eles mismos e por outro lado unha detective privada, contratada pola irmá da falecida,que trata de resolver a o caso, copiando as probas da policía, e aproveitando a súa beleza para engaiolar o home da asasinada, así a detective tiña vantaxe xa que se aproveitaba de dúas fontes, ela finalmente resolverá o caso.
Este libro extrañoume moito, xa que foi capaz de que tivera ganas de poñerme a lelo sen tratar de nada relacionado co deporte nin humor, xa que se desenvolve dende o punto de vista tráxico. A autora o que nos quere amosar a través da obra, é que o sucedido durante o relato pasa con frecuencia no mundo real, ademais ahora que por estas fechas celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero.

4ºA, LER, Manuel

22/11/11

25 Novembro: DI NON AO MALTRATO

Por que non poñer una marca violeta na nosa vida?
De novo volvemos as andadas ca violencia de xénero, a simple vista pensaredes que é un libro deses que empezan a falar e falar contando todo sobre a violencia de xénero pero... non, non é o caso, non se trata dun deses libros "tostón" ou "coñazo" , trátase dun libro entretido que transcorre nun período dun ano apróximadamente e relata as cousas cotías diarias das nosas vidas pero visto dende a mente duhna nena de máis ou menos a nosa idade.

09/11/11

A EXPEDICIÓN DO PACÍFICO

Que tal vai a viaxe?
Mareádesvos no barco?
Na próxima xuntanza a ver se chegamos ao Amazonas e, de camiño, imos ir pensando nestes temiñas que van aparecendo no traxecto  e así gozar máis e mellor da travesía:

08/11/11

IDENTIFICÁNDOME COA PROTAGONISTA




O libro que acabo de rematar, chámase Corredores de Sombra, o seu título parecíame interesante e misterioso, o que me causou unha boa impresión do libro, gustoume moito que a protagonista, Clara, tivese case a miña idade, porque así sentinme identificada con algúns feitos que a ela lle ocorrían.Este libro, ademais, é especial porque non empeza cun relato aburrido que che quita as ganas de ler, como a maioría, este empeza nos primeiros capítulos co feito de atopar un esqueleto tapiado entre dúas paredes dun prestixioso pazo.

02/11/11

SINXELO, BREVE, ATREVIDO E SOBRE TODO... DIVERTIDO




Eu escollín este libro de Fran Alonso sobre todo polo seu título, parecíame un título que tapaba unha divertida historia. É a primeira vez que leo un libro en galego, e a verdade ao principio resúltome difícil por algunhas palabras que descoñecía, pero pouco a pouco o libro axudóume a estender o meu vocabulario e o mellor é que foi dunha forma divertida.
O libro narra unha serie de relatos breves, que entre o paso duns a outros conta un capítulo dunha historia que se vai desenvolvendo ao longo do libro titulada "A loucura é un sombreiro", estes capítulos están referidos por un narrador en primeira persoa, recluído nun psiquiátrico e que adoita identificarse cos gatos. O tema é a loucura. Alternando con estes fragmentos, sucédense 20 relatos máis longos, con argumentos, personaxes e situacións diferentes pero cun tema predominante, pois abordan manifestacións dalgún tipo de loucura.
 Nunca fun unha persoa de ler libros, xa que me parecían todos moi aburridos. Pero unha vez que encontras o tipo de relato que che gusta o tempo pásase incriblemente rápido. Para as persoas que non saben que tipo de historias lles poden gustar, este libro é perfecto, é sinxelo, breve, atrevido e sobre todo divertido!
 Se premes na imaxe da portada do libro poderás ver unha das miñas historias favoritas do conto... Seguro que ese relato che resulta familiar!
Damian Vilameín

27/10/11

Para amantes do cine



O día 25-10-11 foi a estrea da película "Sinbad" no Museo do Mar de Galicia (Vigo). Baseada na obra de Cunqueiro "Se ou vello Sinbad volvese ás illas", foi gravada no concello de Riveira, Santiago e Ames.

O seu direcctor Antón Dobao é un experto en levar á pantalla a vida e as obras dos grandes escritores galegos.

Algúns títulos, como "A mariñeira (2007)", recibiron nos Premios Mestre Mateo 2008 dá Academia Galega do Audiovisual o galardón de mellor película para TV. Trata dunha mariñeira que no medio da guerra civil ten que facer fronte á sociedade e á violencia de xénero.

"Sinbad" xa foi empezada a exhibir a partir do dia 28 en 6 salas comerciais galegas. Ten como protagonista a Xosé Olveira, que ira contando as anécdotas das viaxes que ten este personaxe.
Máis información.
Héctor Quílez 4º A

13/10/11

PREGÓN DA FESTA DA LECTURA


  Quen se interesa polos libros, dirán? Se á xente nova non lles gusta ler, pertencen á xeración nin-nin que nin estudan nin traballan nin unha cousa nin todo o contrario, esa xuventude tan formada e tan analfabeta para os libros... Trabúcanse. Nunca tanto se leu coma hoxe en día. Nunca houbo adolescentes con tanto acceso nin tanta implicación coa lectura.
(...)
Só nos institutos hai en Galicia máis de cinco mil persoas que semana a semana partillan libros. Cinco mil. Pais, nais, alumnado que se enredan, que aman e odian, que medran, que coñecen a partir das páxinas dos libros. Non se conforman. Sempre queren máis. É por iso que non lles abonda con clubs, pequenos encontros nos centros públicos, nas aulas. Non, queren máis. Todos os clubs reúnense fóra de horario lectivo, nos recreos, nas pausas do xantar, polas tardes... cando poden. Renuncian ao seu lecer privado por falar de libros. De libros! 
(...)
É unha revolución silenciosa realmente extraordinaria. 
Non é ruidosa, nin mediática, nin dolorosa, nin interesada, nin sanguenta, nin de profundo fedor a petróleo ou gas. Aquí, nestas aulas de esperanza, falan de libros, de historias que os sacoden, de novelas e poemas que andan e desandan nas súas cabezas inquedas. É a revolución da xente  nova que nos estamos perdendo porque é máis doado desprezar os seus hábitos e dicir que tolean coa tele ou con Internet ca meternos no que de verdade eles aman. No que len. No que lles gusta. No que odian. No que de verdade os fai soñar.  E saben quen promove e fai virar esta espiral? Eles e elas mesmas coa axuda do profesorado quen, sen ningún tipo de compensación curricular ou económica, entrega o seu 
esforzo, o seu tempo, en aprenderlles a voar.
(...)
Somos milleiros os lectores e lectoras que seguimos amando os libros e desexando compartilos. Non somos unha minoría cativa
(...)
Ningunha crise poderá roubarnos iso. A capacidade de mergullar nun libro e mudar con el de realidade, de historia, de mundo. A capacidade de soñar. 


ROSA ANEIROS, Abril 2011

BENVIDOS AO CURSO 2011/12

NOVOS LIBROS NOVOS PRACERES 
VÉMONOS NA BIBLIOTECA! 
QUE ESTÁS LENDO?... 
ACHÉGATE AO CLUB DE LECTURA !    
HAI NOVIDADES   
DESEÑAMOS XUNTOS O PLAN DE LECTURA 
 ACHEGA AS TÚAS PROPOSTAS  
PARTICIPA! 
XUNTANZAS CON NOVELISTAS? 
 ENCONTROS CON POETAS?  
QUE ACTIVIDADES CHE APETECEN? 
IMOS AO TEATRO?  
CANDO QUEDAMOS PARA ORGANIZAR O CLUB? 

25/06/11

PROXECTO


FAI UNHA VISITA VIRTUAL
E CÓNTANOS, PARA VER 
SE NOS GUSTA E IRMOS DE 
 EXCURSIÓN -OS DO CLUBE
DE LECTURA- PARA O CURSO QUE VÉN?

24/06/11

IV XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

Aí anda o noso Lois... estamos en todo!
Entra como convidado

23/06/11

REMATE DE ACTIVIDADES



Despois de varios meses de lectura compartida e outras actividades inolvidables, despedímonos ata  o curso que vén.
Lembrade que o verán é a mellor época para gozar dun bo libro
na praia ou na casiña .

22/06/11

VALORANDO

Un ano máis, comecei no Club de Lectura do Instituto, aínda que no 3º trimestre, deime de baixa: polos estudos, os exames,...Mentres estíven, paseino bastante ben, sobre todo cos libros que lin, como Kafka e a boneca viaxeira, que en realidade, estaba tan enganchada que  o lín na clase de Galego - con permiso da profe-  e é o mellor libro que lín este ano, e foron bastantes.Ademais houbo novedade e é que foi en castelán, aínda que me gustaba máis en Galego, como no ano pasado, non sei por que será pero é a verdade. Sentíame bastante máis cómoda. Cambiando de tema, paréceme moi ben que os nosos encontros sexan na biblioteca, xa que dá a sensación de estar rodeados de palabras, historias...En canto ás xuntanzas, non me gusta que sexan nos recreos, porque pasamos moito tempo en clase e logo queremos descansar, ao mellor por eso moita xente non se apunta.Os profesores que estiveron con nós, implicáronse moito e ás veces notábaselles, sobre todo cando falábamos dos libros. O problema é, que ao non ter clase con eles, non hay tanta comodidade. Unha das cousas que máis me gustou foi o encontro cos escritores, ¡encantoume!Pois esa é a miña valoración. Espero que para o ano que vén o Club sexa en galego, aínda que non pasa nada se é en castelán.
Yanka, 2º B

15/06/11

Un dos autores máis lidos e representados no mundo


No clube de lectura lemos unha novela titulada "El señor Ibrahim y las flores del Corán", o principio resultounos a todos impactante pero ó final non tiña nada que ver. Esta novela adaptouse ao cine co mesmo título.

Vouvos falar un pouco do seu escritor:

Eric-Emmanuel Schmitt naceu en Lyon o 28 de marzo de 1960, é un escritor e dramaturgo francés.


Naceu entre pais de profesores de educación física, superou as probas de acceso para a Escola Superior de París na que estudio dende 1980 ata 1985. Licenciouse en filosofía. Foi profesor na Escola Militar Saint Cyr durante o seu servizo militar nas universidades de Cherburgo e Chambéry. 
Este escritor foi un adolescente rebelde con ocasionales    ataques de violencia.

Dende o seu debut nos anos 90 do siglo XX as súas obras de teatro levárono a un grande éxito. É un gran apasionado á música e traduciu diferentes óperas de Mozart ao francés:  Las bodas de Fígaro e Don Giovanni.

A súa obra El señor Ibrahim y las flores del Corán vendiu en 2004 máis de 250.000 exemplares en Francia e 300.000 en Alemaña.
Recibiu moitos premios, en especial pola súa faceta como dramaturgo. 
Actualmente vive en Bruselas.


Fernando, 2ºA

08/06/11

O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

No club de lectura estivemos lendo este libro. O que nos intenta ensinar é que por moi distintos que sexamos podemos aprender uns dos outros. 


Momo, un adolescente abandoado  na infancia pola súa nai, coñece ao señor Ibrahim porque sempre estaba sentado fora da súa tenda da rúa Azul e Momo ía a comprar alí. Un día comezaron a entablar amizade e a contarse un pouco os seus problemas.

Cando o pai de Momo o abandoa, o señor Ibrahim dase de conta do que lle pasou sen que lle dixera nada e adóptao. Dispóñense a facer unha viaxe ao lugar que o señor Ibrahim chamáballe "Crecente fértil". Canto máis pretos do mar estaban o señor Ibrahim poñíase nervoso e mentres Momo botaba unha sesta o señor Ibrahim ten un grave accidente co coche e queda malferido.

O final non volo contamos para que quededes coa intriga e o leades.  


Ana e Tania, 2ºA
  

26/05/11

Cada capítulo conta a historia de cada unha delas

Esta novela escrita por María Reimóndez, trata sobre seis mulleres de idades e maneiras de vivir moi diferentes, unídas polo club da calceta, na que contan todas as súas vivencias.

Cada capítulo conta a historia de cada unha delas. E encóntrase durante todo o tempo a figura da tía Davinia, o prototipo de espíritu loitador e feminista que todas elas aprecian.

23/05/11

NON O DUBIDEDES


Moi boas! Estes pasados días estiven lendo un libro, e sinceramente gustoume moito.
Ao principio non me convencía de todo, pero cando comezaron as situacións de medo e os sucesos inexplicables que lle ocorrían á protagonista, quedei enganchada e non puiden parar de ler...

Se vos gustan os libros de suspense e misterio, "Aire negro" é perfecto para vós. Descubriredes un mundo que irá máis alá da vosa imaxinación e que vos deixará impresionados. Adiante!
Carolina 4º B

18/05/11

Cartas de Amor.



Estes días estiven lendo un libro que se titula Cartas de Amor. Gustoume moito aínda que é bastante triste.
Trata de distintas persoas que mándanlle cartas a familiares, ás súas parellas ou aos amigos.
Unha das cartas ía dunha rapaza que marchou a Bagdag a traballar a un hospital e para axudar á xente que precisaba axuda. Ela contaba que quería voltar para o seu país xa que todos os días non facía outra cousa que ver tristeza nas caras das persoas.
Outra das cartas a mandaba unha rapaza á súa mellor amiga. Na que lle pedía por favor que nada da súa amizade cambiase e que lle tiña que contar algo moi importante para ela. Os homes non lle atraían e polas mulleres sentía algo especial. Era lesviana.
Pareceume un libro moi interesante e á vez moi triste pero volo recomendo a todos.

2ºA, Dana, LIBROS

09/05/11

Moito me gustou este libro, xa que ten unha historia cunha serie de acontecementos que te fan seguir coa letura.

Ao comezar a lelo, Sierra i Fabra introdúcenos na vida dun xornalista calquera dun periódico de Barcelona, que ademais acaba de cortar coa noiva que ten dende hai anos, pero que pouco despois descobre que lle van enviar a un dos países de Oriente Medio. Trátase dun conflito imaxinario polo territorio do país (no que intervén a potencia mundial rusa, a milicia do país e unha minoría islámica), pois hai pouco que se descobrera petróleo nel.

Durante a súa estancia, Nestor (o protagonista) sentirá na súa pel as crueldades da guerra, dende as mortes en combate ata a anorexia que sofren os nenos dalí. Mentalizarase da utilidade dos periodistas nas guerras e sentirá afecto polo seu traductor de doce anos, ao que logo verá marchar ante as ofensivas rusas. Este neno fará todo o posible por sobrevivir, enganando ao rapaz con entrevistas falsas aos seus familiares, facéndoos pasar por líderes de guerra (con éxito, por certo), pero que cumplirá a promesa que se fixo a si mesmo no último momento.

Nesta novela, o autor fai varias apelacións á guerra de Chechenia, e foi escrita antes da invasión de Afganistán, o 11-S e a guerra de Irak, sendo precursora de ambas no seu tratamento.

Guillermo 4ºA

NA TERRA DOS SOÑOS



 Para variar, este trimestre Pepa mandounos elexir un libro ,  de Cunqueiro, Blanco Amor, Ánxel Fole... e eu sen dubidalo escollín a Cunqueiro. Pra min é máxico, xa que consegue facernos entrar nun mundo fantástico por moi negro que este o real...que vos esperabades é de Mondoñedo :P.

Xosé Liñeiras.

Este home naceu con seis dedos na man dereita e outros seis dedos no pe dereito, era coñecido por Pepiño Seisdedos.
Foi visitalo unha tía súa que vivía na Habana e contoulle a Pepiño que xa máis familiares seus tiveran seis dedos, o que quería dicir que os seis dedos viñan de herdanza familiar. Dende aquela xa non se avergoñaba dos seus dedos e amosabaos a quen o desexase. Sempre andaba co pé limpísimo xa que iba a moitas feiras pra averiguar se existía alguén máis con seis dedos, porque como iso viña de herdanza, os que tiveran seis dedos tiñan que ser familiares de seu.
aínda hai máis

08/05/11

PARABÉNS, FRANCISCO, VOLVE A VISITARNOS



A visita de Francisco Castro foi moi agradable e divertida para todos, ben, polo menos para min.

Contounos a súa maneira de escribir que é moi interesante, xa que levantarse ás cinco da mañá para redactar un libro debe de requerir moito esforzo.


A min gustoume moito o seu libro Un bosque cheo de faias e agora que coñezo ao seu autortor gústame aínda máis. E como el dixo, "a ver se nos volvemos a ver o ano que ven".

Parabéns, Francisco, polos teus brillantes libros e esperemos que escribas moitos máis.

Rosalía Chans, 3º A

07/05/11

COMO ME GUSTOU!

A verdade é que este autor encántame, non só pola forma de escribir senón tamén polo simpático que é.


Escoitar a cada autor como explica a súa forma de escribir ou como é a súa vida paréceme moi interesante.


Paseino moi ben, e gustoume moito a forma que tivo de expresar todo o que pensaba relacionando un tema con outro. O que contou do poster de Cristiano Ronaldo pareceume moi interesante, e penso que se segue así poderá chegar moi lonxe.

Encantaríame que volvese o ano que vén para contarnos máis curiosidades que seguro que terá un lote delas. O que máis me gustou foi cando falou do alceimer e con xente como esta sempre apetece coller lápis e papel e poñerse a escribir.

Miriam Costa, 3º A

GUIA DE LECTURA

06/05/11

CHAMÁDEME SIMBAD


No clube de lectura déronnos un libro para ler no entroido. E tamén nos dixeron que ía vir o autor del, Francisco Castro. Espero que veña porque teño moitas ganas de que nos fale sobre o libro e das diferentes personaxes. Estivo bastante ben, cando empecei a lelo non puiden parar. 
Vouvos contar un pouco de que vai.
Este libro relátanos a historia dun rapaz de dez anos chamado Paulo, el conta que seu pai chega do traballo e sempre está pendente do móbil. O avó padece alzhéimer e non recoñece ás veces nin ao seu fillo e a nai di que a van volver tola entre todos. O avó é como o seu amigo, co que xoga pola casa adiante a que el é o Capitán dos Sete Mares e o neto Simbad. Aínda coas rarezas da súa enfermidade, Paulo é un referente seguro para o ancián e este o amigo máis querido polo rapaz. 
Todo cambia nun domingo no que cando espertan o avó non está na casa. Por máis que o buscan pasa un tempo e a policía renuncia a atopalo. O pai nin sequera sabe a historia de Simbad, o Mariñeiro, que tantas veces lla contara o avó. 
A súa gran aventura comeza un día que lle trae o carteiro unha carta do Capitán dos Sete Mares dirixida a Simbad. Nela, o avó, envíalle unha chave pequeniña e explícalle que fuxiu porque os filibusteiros querían afundirlle o barco e que pode atopalo na Taberna do Pirata. Cando lles pregunta aos pais pola taberna, póñense nerviosos e alporízanse, polo que ten que descubrir onde está el só. 
No cuarto do ancián, detrás dun libro de Simbad, atopa unha caixa con fotografías e cartas do avó dirixidas ao seu irmán Bernardino. Tamén unha tarxeta co enderezo da taberna. Grazas a ela, chega ao bar de Bernardino, onde se agochaba o avó e no que cando tamén aparecen os pais á busca de Paulo, aclaran o asunto, o ancián fuxira porque o fillo quería metelo nunha residencia e el non podía soportar a idea de separarse do neto. 
Ó final, atoparon a mellor solución para todos: un Centro de Día, soluciona a problemática atención do ancián e á noite o capitán volve con Paulo.
Esta obra fainos ver a importancia que ten respetar a xente maior.
Fernando Costa

05/05/11

UN BOSQUE CHEO DE FAIAS

Este libro de Francisco Castro, relata a historia de 3 rapaces que se reúnen rutinariamente nun bar pouco coñecido pola xente e dirixido por unha persoa moi estraña, este local é chamado "O Grapas", no que eles reúnense todos os días no seu tempo de lecer.

A vida dos persoaxes cambia cando chega un rapaz africano que é veciño dun deles e coñece o resto do grupo. O novo do grupo intégrase perfectamente e todo marcha sobre rodas hasta que de cote o novo amigo do grupo e apalizado co seu pai por uns nazis en medio da rúa, despois diso a vida dos rapaces cambia considerablemente e comezan a sospeitar de persoas e tamen de algúns amigos do grupo.
Samuel, 4ºA