BÓTALLE UNHA PANXOLIÑA PREMENDO AQUÍ
23/12/11
19/12/11
DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN
Escrito por Sérgio Klein, "Poderosa" é un libro moi interesante, aínda que ó principio non engancha demasiado, xa que conta a vida normal dunha rapaza de 13 anos e non parece que vaia pasar nada. Non sorprende, apenas hai nada especial no primeiro capítulo, pero axiña cambiará todo.
De aí de diante gustoume moito, xa que trataba dunha rapaza da miña idade á que lle pasaban cousas que eu quixera que me pasaran. Líao polas tardes e ás veces antes de ir a durmir, para enterarme ben da historia.
Seda
A nosa relación coa lectura é moi boa xa que dunha vez que comezamos a ler non hai quen nos quite o libro das mans..
Cando nos dixeron que tíñamos que ler "Seda" quedamonos un pouco extrañados xa que nunca escoitaramos falar deste libro.
Logo,empezamolo a ler e resultounos un pouco aburrido, pero o comezar a transcurrir a historia o noso pensar cambiou e resultounos máis entretido xa que non só fala das viaxes que facía o protagonista se non tamén da pequena historia de amor que se narra.
Recomendamosvos sen ningunha dúbida este libro porque resulta interesante e ensina moitas cousas novas que seguro que non sabedes.
Escrito por: Ainhoa López,Alba Rey,Jessica Marcote,Sergio Suárez e Sara Solanas.
13/12/11
O CORAZÓN DO BOSQUE
Agustín Fernández Paz naceu en Villalba no ano 1947 e é o autor de este libro.
Para min foi un libro moi divertido e engancheime a lelo dende o principio.
A historia trata dunha nena que vai a fraga do Eume de excursión co seu colexio e ao chegar a casa foise a dormir pero, pola noite un ruido que porviña da súa
mochila despertouna,abriu a mochila e viu que era un trasno! Logo ocórrenlle moitas aventuras que se as queres saber,vades ter que ler o libro! Os personaxes principais son Raquel ( a nena ) e Derdrín ( o trasno ).
Recoméndovos este libro porque é moi entretido e as follas pásanche voando, e cando te das conta só quedan 5 ou 6 páxinas para que remate, aínda que che gustaría que continuara.
12/12/11
LER PARA TRANSFORMAR O MUNDO
Agustín Fernández Paz constitúe un motivo de orgullo para os galegos, unha persoa da quen presumir, nestes tempos escuros onde ás veces semella que hai moi poucas luces. El é un faro potente que nos guía. Grazas, Agustín, por todo.
Acaba de recibir na cidade de Guadalajara, ao oeste de México, o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil y Juvenil SM e o seu discurso de agradecemento foi o dun verdadeiro mestre, reflexionando sobre o oficio de escribir e a necesidade da lectura.
Eis uns fragmentos:
11/12/11
05/12/11
O laboratorio do doutor Nogueira
Este libro foi publicado no ano 2003, por Agustín Fernández Paz, pedagogo e escritor galego. Caracterízase pola cantidade de obras que ten, máis de 50, polas que recibíu abondos galardóns. El é unha das persoas máis recoñecidas a nivel lilerario, en Galicia.
O doutor Nogueira é un científico millonario que oculta a súa verdadeira identidade. El vive entregado a loitar contra os problemas que impiden a felicidade dos humanos. Dende o seu laboratorio secreto, idea e fai remedios para distintos tipo de problemas, pero en vez de facer o efecto que el quería provocan o caos entre a poboación. Esta obra é unha narración que contén humor e ironía, que ademáis nos ofrece unha crítica sobre a sociedade actual.
01/12/11
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)