30/06/14

Fin de etapa II

“Há um tempo em que é preciso abandonar as roupas usadas, que já tem a forma do nosso corpo, e esquecer os nossos caminhos, que nos levam sempre aos mesmos lugares. É o tempo da travessia: e, se não ousarmos fazê-la, teremos ficado, para sempre, à margem de nós mesmos”


Remata unha etapa para nós pero empezará outra coa axuda do entusiasmo recibido e contaxiado polo noso coordinador. Hai resplandores que non poden cesar. Moitísimas grazas por levarnos da man todo este tempo; continuaremos a aventura seguindo as pegadas do camiño...

23/06/14

FIN DE ETAPA





Outro curso, outras experiencias que vivimos individual e conxuntamente. Onte iniciamos unha nova paréntese (porque en outubro retomaremos o ritmo) nas lecturas do Club. Unha comida deu paso a algunhas reflexións sobre o que significou o presente ano e, sobre todo, que botamos en falta de cara ao próximo. O mundo do cómic é o grande ausente nas sesións de Elvilendo. O próximo curso non pode faltar. Con esta idea seguiremos a ler pola nosa conta durante o verán porque é algo que precisamos e ninguén nolo vai prohibir.
A persoa que gozou inmensamente coordinando este club desde o seu nacemento seguirá observando con moita morriña a súa marcha desde o exterior.
Que teñades un bo descanso e unhas lecturas estivais gratificantes.Grazas a todos/todas que me ilusionastes estes anos.
Lois Cambeiro

13/06/14

DE VIAXE POLO MUNDO

Este ano lemos a primeira parte da triloxía de Ámote Leo A, Destino xalundes. Conta a viaxe que inicia Leo ao rematar os estudos universitarios. Unha mañá de xaneiro toma o avión soa con destino ao sur. Para ela é unha viaxe especial pola oposición familiar e, sobre todo, porque era algo co que levaba tempo soñando xuntamente con outros compañeiros. Tras a frustración da marcha atrás deles, Leo disponse a enfrontarse ao que lle depare o destino. Durante seis meses vivirá unha serie de aventuras, coñecerá diversos personaxes e lugares que nunca imaxinara. Sempre perseguida por unha mensaxe "Ámote Leo A" que non sabe a quen atribuír. Para os lectores, é unha vivencia a través de cidades e países diferentes, pero tamén é o descubrimento de ver como as cousas poden saír mellor do que se agarda.

Candela Alonso García, 3ºA

02/06/14

MULLERES E HOMES LEMOS IGUAL?

Xosé Neira Vilas, gran escritor e pertinaz lector, opina sobre o hábito de lectura en homes e mulleres.