As 40 autoras e autores máis lidos
polos Clubs de Lectura
no curso 14/15
A Coruña,18-11-15
Ola Anxo Fariña :
Escríboche esta carta para dicirche o fascinante que me pareceu o teu libro que,despois de moi poucos días de lectura debido a que me gustou moito, acabei hai moi pouco de ler.
O teu libro pareceume uns dos mellores libros de aventuras, os personaxes, parecían sacados dun videoxogo, cada un tiña o pelo de distinta cor que facía xogo coas siglas deles, os Megatoxos, que levaban postas cada un nun lado da súa roupa.
Empeceino a ler por unha recomendación da miña profesora de lingua, e deseguido quedei marabillado pola súa gran historia, as ilustracións tan orixinais, a súa ambientación na era na que viviron os celtas, amosando algúns dos seus costumes, os diálogos parecéronme tamén moi bos, e gustoume moito o uso que lles destes a palabras modernas como "tío" que utilizaches neles.
Sen dúbida a parte que máis me gustou foi na que vencen definitivamente a Drunxel, e en concreto o uso científico dos cambios da auga que utilizaches.
Bicos e apertas sen pulgas de Ruxe
Miguel.
P.D.:Estou desexando empezar a ler a segunda parte dos Megatoxos
Non só lemos; encontrámonos con escritores, ilustradores, músicos e poetas, facemos excursións literarias cargadiños de libros, viaxes virtuais e físicas ao pasado e presente, enchemos os corredores, soto e as aulas de poesía...
Vaia, que non paramos!
Fainos caso ... o próximo curso, non o dubides, vén connosco e descubriras todos os camiños da literatura. Esperámosvos.
O escritor Héctor Cajaraville gañou o Premio Xerais de Novela 2015 coa obra "De remate", mentres que a narradora Érica Esmorís recibiu o Merlín de Literatura Infantíl pola obra "Nena e o mar". Ademais, "Europa Express", de Andrea Maceiras obtivo o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
Un libro-disco ambientado en 2050 nunha Galicia na que o inglés é lingua cooficial. A peza, autoría de Mark Wiersma e Miguel Mosquera Fociños e ilustrada por Iván Sende, céntrase na historia de Sira, unha nena de 10 anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa que non remata de atopar o seu lugar nesta moderna sociedade.