18/05/13

CREADOR DO TEATRO PROFESIONAL GALEGO

Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a un home moi recoñecido non só no ámbito literario. Adicousae a Roberto Vidal Bolaño, actor, escritor e director de numerosas novelas e obras teatrais.

16/05/13

ELVIÑA CONTINÚA BROTANDO

Un bo rato de reflexión e aprendizaxe do mundo audiovisual. Así é como resumiría eu as fantásticas dúas horas que pasamos hoxe xunto con Daniel Domínguez, guionista e ex-estudante de Elviña.  

Despois de facer un pequeno recorrido da súa vida e, de que Pepa recordase con agarimo o seu paso polo instituto, explicounos como é o mundo televisivo.Pódese subir coma a espuma e logo afundir. Gran frase non? 

15/05/13

UNHA BOA PROFESIÓN


A visita que tivemos este martes foi moi interesante, xa que recibimos a un ex-alumno de este instituto, Daniel D. Dominguez
Comezou presentándose e falando da súa andadura profesional no mundo dos guións. Ademáis tamén puidemos comentar todo o relacionado coa produción audiovisual, un tema que a mín chámame moito a atención. Podemos atopar algúns dos seus traballos nalgunhas series da TVG como Matalobos, Padre Casares, Terra de Miranda... Aínda que el prefira manterse no anonimato eu creo que hai que recoñecerlle o seu labor xa que esto conleva moito tempo e adicación. 

05/05/13

UNHA VISITA DIFERENTE

 No curso 2012-2013 tivemos moitas sorpresas e unha delas foi a visita de Fenando Díaz-Castroverde que, curiosamente, foi alumno deste centro e hoxe en día é un escritor coñecido.
Veu presentarnos o seu libro Microbios e outros paquidermos co que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2011. A min o libro gustoume e facilmente diría que non debín de ser a única. Na súa visita escoitámolo con interese e nós tamén aportamos a nosa parte literaria cuns pequenos "xogos" que fixemos. Unha visita diferente, entretida e, como non, con ganas de que se volva a repetir.
Quero desde aquí dar as grazas a Fernando e desexar esa volta

Isabel, 1º bacharelato

03/05/13

UNHA RESEÑA

 
Como o mesmo Agustín anuncia nalgunhas das súas historias, nunca sabemos até que punto un pequeno acontecemento cotián pode darlle a volta ao día ou mesmo facer mudar a nosa vida enteira. 

02/05/13

( en tan só dez liñas)


Hai varios días veunos visitar ao instituto Fernando Díaz Castroverde, escritor de microrrelatos. A charla foi adicada ao alumnado de 1º de bacharelato. Días antes da visita estivemos facendo exercicios relacionados co seu libro titulado Microbios e outros paquidermos.  
As primeiras veces da lectura dos breves, pero condensados relatos, sorprendémonos positivamente porque nunca antes traballaramos con textos deste tipo. Lois, o noso mestre, chegou un día cunha pila deses libros e no momento en que nos leu só o título, as nosas caras cambiaron. Que podería conter un libro titulado dese xeito? Microbios...? Paquidermos...? Quizais falase de contradicións. Ou sería simplemente algo relacionado cun mundo fantástico sen moito sentido?