Este libro que en principio pode parecer unha
banda deseñada coma outra calquera agocha no seu interior unha historia máis que interesante sobre o sucedido en Europa, concretamente en Polonia, en tempos de Hitler.
Trátase da biografía dun xudeu, Vladek Spiegelman, quen lle conta o sucedido coa súa familia durante a guerra ao seu fillo Art. El ten bastante interese na historia do seu pai xa que pretende escribir unha banda deseñada sobre ela. Neste libro nárrase perfecamente a diferencia entre o trato que lle daban os nazis aos xudeus e o que lle daban aos outros polacos. Nárralle ao seu fillo absolutamente todo, en profundidade e con sentimentos bastante fortes xa sexan de alegría ou de tristura.