17/12/13


Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.
Premio "autor do ano 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria pola novela A praia dos afogados.
Obras de Domingo Villar no catálogo:
- A praia dos afogados ISBN: 978-84-9865-180-5
- Ollos de auga ISBN: 978-84-8288-927-6

02/12/13

BEOWULF: UN CLÁSICO EN BANDA DESEÑADA

Beowulf é un poema épico anglosaxón antigo (e anónimo) que conta as fazañas do heroe do mesmo nome que se enfronta a un terrible monstro destrutor do pobo danés, vénceo, é proclamado rei dos gaudos pero acaba morrendo nunha loita terrible cun dragón...
Temos a sorte de que David Rubín e Santiago García emprenderon o proxecto de narrar esta historia en debuxos. Saiulles un libro con moitísima forza gráfica e xa dispoñemos na nosa biblioteca dun exemplar firmado polo propio David Rubín. Pasade, vede, lede e disfrutade, rapaces: paga a pena.


E vai un vídeo de mostra de como debuxa David Rubín:


O debuxo que nos regalou para o exemplar que temos na biblioteca é este: