26/05/16

ANA CRISTINA CARAMÉS RODRÍGUEZ _


A historia a narra Clara, unha rapaza que anos despois de desvelar o misterio dun cadáver agochado dende facía moitos anos no seu fogar con tan só trece anos decide contar a súa intrépida historia.
Corría o verán de 1995. No pobo de Vilarelle, no pazo do Soutelo, cando uns obreiros que estaban a traballar nunha reforma no soto atoparon un cadáver  agochado entre uns tabiques.
Clara atopábase alí, e alcanzou escoitar cando os policías que se estaban levando o corpo comentaban que non ía ser moi doado descobrir de quen era o corpo posto que de seguro levaba alí dende a guerra, e de aquela morrera moita xente. Pero aínda así non se rendíu, e decidiu poñerse en busca de probas para descobrir a quen pertencía o corpo.
Co paso do tempo Clara fixo novos amigos, entre eles Miguel, un rapaz de orixe humilde do que a pesar das súas diferencias e a oposición do seu pai rematouse namorando del coma unha tola. Miguel axudou moito a Clara, ao enterarse do asunto do cadáver do pazo. Presentoulle xente que vivira isa etapa da guerra, entre eles a Sebastián. E precisamente grazas a Sebastián, un ex-traballador do pazo e as probas que pouco a pouco foi recadando acabou descobrendo a verdadera historia da súa familia.

24/05/16

17/05/16

Manuel María en Elviña

Agradecemos a Carlos a súa arte e a súa disposición. Sen el todo sería moito máis gris...


14/05/16

Xuntanza festiva no Ágora

O día 12 de maio reunímonos no Ágora os Clubs de Lectura dos IES Monelos, Monte das Moas, Zalaeta, Agra, Dieste e Elviña para celebrar o día das Letras Galegas. E vaia se o celebramos! Comezamos cun fermoso concerto de grupo Xardín Desordenado que cantou poemas en torno á figura de Manuel María:




E continuamos coa Gala do concurso de Videoanimación no que se entregaron os premios aos mellores traballos efectuados polos compoñentes dos diferentes clubes: Entre os afortunados estaban dous lectores - videoanimadores de Elviña: Miguel e Aarón


Deixamos varios documentos gráficos que ilustran o evento:

04/05/16

Lemos a Epicuro na Carballeira de Santa Susana

Os alumnos e alumnas de Latín e Grego lemos a Epicuro aproveitando un paseo peripatético por Santiago de Compostela:





"É preciso lembrar que o futuro non é noso nin totalmente non noso para que non agardemos que o sexa totalmente nin desesperemos de que totalmente non o sexa"
Epicuro.

Isto sucedeu despois de asistir a un magnífico obradoiro de escritura impartido pola SEEC na Facultade de Filoloxía: