31/03/15

28/03/15

A GRAN FESTA DOS LIBROS

A XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recibiu a visita de 34.000 persoas

27/03/15

21/03/15

Un feixe de poemas

O Club de Lectura de Elviña disfrutou empapelando o Instituto con poemas variopintos; pero o que realmente foi un pracer foi a vosa entusiasta acollida. Quen dixo que a poesía só era para uns poucos, errou; todas as almas dispoñen dun recuncho recóndito (ou non) onde viven criaturas tan misteriosas como a sensibilidade.





19/03/15

Fans de Pedro

Recuncamos con Pedro Feijoo, e que ben fixemos! Charlamos con el no IES Monte das Moas sobre o libro Os fillos do mar (ademais doutros temas) e volveu a engaiolarnos coa súa simpatía, pasión e paciencia. Mesmo prometeu ir a medias con Elías se atopaba o ouro de Rande...Grazas de verdade, Pedro. Foi un pracer.




Podedes lembrar neste enlace o anterior encontro con Pedro Feijoo.

17/03/15

Premio Xosefa Vilarelle ao Libro Educativo.

preme  na imaxe

Pepe Carreiro fainos unha nova entrega da súa particular visión da historia dirixida ao público infantil, especialmente a de Galicia, iniciadas coas Historia da Lingua galega e Historia de Galicia.


15/03/15

TREPIDANTE HISTORIA DE INTRIGA E SUSPENSE



A través dun xogo de pistas, Francisco Castro tráenos recordos doutros tempos, tempos nos que a lectura dos libros clásicos de aventuras (como "A Illa do Tesouro", " O estrano caso do doctor Jekyll e o señor Hyde" de Stevenson, ou as novelas de Salgari, Julio Verne, Conan Doyle e outros moitos) enchían o noso tempo de lecer, e a nosa imaxinación bulía entre tantas aventuras.

10/03/15

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2014

O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos; dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela.
Ler+ 

08/03/15

Oito de marzo

Malia tódolos séculos de sociedade patriarcal é posible atopar moitos libros importantísimos de escritoras relevantes. Aquí tedes un exemplo de cen libros de cen escritoras imprescindibles...


E non podemos resistirnos a publicar a Oda a Afrodita de Safo, escritora do século VI. a.C.



  Deixamos tamén unha magnífica presentación sobre a Lírica grega arcaica

07/03/15

Máscaras rotas para Sebastian Nell

Alberto Ramos( Premio García Barros do ano 2014) fai nesta novela unha radiografía dos claroscuros do século XX a través do diálogo punzante e inclemente de dous personaxes que intentan descubrir quen é cadaquén. E onde nada é nunca o que parece.

06/03/15

04/03/15

Rosalía en Elviña

O día 24 de febreiro escoitamos a Rosalía na boca dos alumnos e alumnas do club de lectura de primeiro da ESO. Foron espallando a música da súa poesía polos diferentes espazos do Instituto; podedes ver os estupendos resultados neste vídeo que reproducimos a continuación: