27/04/12
26/04/12
Contos para rir
Todo comezou un luns coma outro calquera, mais no momento no que me puxen os calzóns souben que ía ser un día especial. Vale... minto: para min era outra onda neste mar de monotonía. Sen embargo, á quinta hora comprendín que me equivocara, pois cando chegas a unha presentación e o primeiro que che contan do individuo é que non está wikipedificado, entendes que non se trata dalguén normal.
25/04/12
OBRA GAÑADORA
Onte fallouse en Compostela o VIII Premio Frei Martín Sarmiento. Dragal, de Elena Gallego resultou gañadora nas categorías de 1º e 2º da ESO. Trátase dun premio simbólico para a literatura infantil e xuvenil galega, cun xurado composto polos propios estudantes dos centros de ensino, que son quen deciden os premios que se outorgan en cada categoría.
24/04/12
23/04/12
MAXIAS POR DESCUBRIR
Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.
Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desespero de sentirse só entre ríos de xente; o nacemento dunha persoa, a morte doutra; os seres máxicos e os deuses terribles…
Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir.
Agustín Fernández Paz
22/04/12
21/04/12
20/04/12
UN HOME NUNHA ESCALEIRA
Era un día aparentemente normal, monótono, aburrido, coma
sempre. Pero iso cambiou ao chegala quinta hora, na que apareceu Cándido Pazó, un home que de primeiras non
aparentaba ser una persoa que nos fixera pasar un gran momento, evidentemente
equivoqueime. Este home viña cunha
escaleira, algo que non era moi habitual de ver.
19/04/12
17/04/12
Xabier P. Docampo en Elviña
Hoxe, martes 17 de abril de 2012 veu un autor de varios libros galegos, Xabier P. Docampo. Este home falou da súa vida e do seus libros publicados. A min gustoume moito o que dixo. É un señor moi divertido. Falou sobre todo,de "O misterio das badaladas": canto tardou en escribir o libro, como se lle ocorreu a idea... Contestou ás preguntas que lles fixeron os alumnos do instituto e algunha tamén que lle fixeron os profesores.
16/04/12
Que pasa na igrexa de Eiranova?
O libro "O misterio das badaladas" é moi intrigante, porque sempre hai algún misterio que teñen que resolver e os protagonistas sempre están en movemento. Nunca paran quedos se non están na biblioteca do pobo, están andando polas rúas ou indo a investigar á igrexa do pobo.
A min persoalmente gustoume moito, eu recomendovolo , vaíivos gustar moito.
A novela faite pensar moito, sobretodo na parte que a Cristina lle aparece unha mensaxe no seu libro, e hai que descifralo como os outros dous.
E o seu autor Xabier P.Docampo é moi divertido e encantador con él rimonos moito cando veu visitarnos e nos reunimos con el na biblioteca.
Marta Menes Amor 1ºB
13/04/12
A GUERRA DAS BRUXAS
O terceiro e último volume da trioloxía "A guerra das bruxas" poderiase dicir que é un dos libros máis cheos de intriga, misterio e maxia que lin na vida.
12/04/12
Que pasou no instituto?
Queres ler unha novela de misterio ? Si? Pois aconselloche ler Alfagann é Flanagan, escrito por Andreu Martín e Jaume Ribera en 1996, que obtivo o premio Columna Jove polos dous primeiros libros desta triloxía.
Alfagann é Flanagan narra a historia de Flanagan un xoven de dazaseis anos que, dedicase a resolver pequenos crimes no seu instituto.
Nesta ocasión, Flanagan terá que investigar a desaparición dunha compañeira de clase, Nieves Mercadal, que se fugou de casa sen motivo aparente. Coa axuda dunhas amigas, Blanca e Vanessa, e a peculiar colaboración de Charche e dos demais compañeiros intentaran resolver o misterio.
Conseguirá o detective Flanagan e os seus compañeiros resolver a desaparición de Neves? Descúbreo lendo este fantástico libro
Alfagann é Flanagan narra a historia de Flanagan un xoven de dazaseis anos que, dedicase a resolver pequenos crimes no seu instituto.
Nesta ocasión, Flanagan terá que investigar a desaparición dunha compañeira de clase, Nieves Mercadal, que se fugou de casa sen motivo aparente. Coa axuda dunhas amigas, Blanca e Vanessa, e a peculiar colaboración de Charche e dos demais compañeiros intentaran resolver o misterio.
Conseguirá o detective Flanagan e os seus compañeiros resolver a desaparición de Neves? Descúbreo lendo este fantástico libro
11/04/12
10/04/12
ENGANCHADOS AO CLUB DE LECTURA
Ao meu non moi querido compañeiro chamado Alberto, o libro no comezo pareceullle moi interesante pero co transcurso da historia, decatouse de que ese non era o seu estilo de lectura. Ao paso da lectura, íase percatando de que cada vez era máis ficticio e irreal. Chegou a un punto no que deixou de ler, pero para non quedar só cara os compañeiros do clube de lectura, rematouno. Fixo tamén os comentarios, observación e demais.
Pola banda de César, o seu comentario sobre dito libro é todo o contrario ao meu. Co comezo da súa lectura, non se interesou, pero co paso das páxinas íase interesando máis e máis. El admite que é fantasioso, pero di : "Onde senón que na lectura, seremos libres? ". Tivo unha observación na que viu que todo-los nomes dos cativos comezaban con A- : Anxo, Álvaro, Aída, Alicia e Antía.
Agora,tócame a mín, Alberto.
Esta é unha pequeña opinión de dous enganchados ao clube de lectura.
César A. Vargas e Alberto García 3º B
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)