31/01/15
30/01/15
ACHÉGATE ÁS ACTIVIDADES
Esta fin de semana, con motivo da celebración en Galicia do Día da Ilustración —instituído oficialmente o ano pasado, tomando como data o 30 de xaneiro, aniversario do nacemento deCastelao—, van celebrarse varios actos e actividades organizados ou participados pola AGPI, en Vigo e na Coruña: actividades formativas, mesas redondas, propostas de debuxo ao vivo, exposicións ou xogos, que inclúen novas edicións do Drink & Draw ou do Combate de Debuxantes, así como sesións de Pictionary, mercadiños ou un Ilustratón.
29/01/15
Galicia pinta moito: 50 ilustradores galegos actuais
A revista Dot busca financiamento para a publicación dun libro que recolle as obras de 50 ilustradores e ilustradoras galegas do momento. 50 ilustradores gallegos actuales: Ilustradots, trátase -segundo destacan os seus promotores- "do primeiro libro recompilatorio de ilustración galega actual", que demostran "que a ilustración galega está a pasar por un período dourado no que se atopa unha xeración envexable de artistas".
28/01/15
Os adultos tamén temos un Club de Lectura no IES Elviña
E comezaremos cunha novela de Marta Sanz, proposta por unha das integrantes. O libro en cuestión é Black black black e pertence ó xénero de novela negra (como indica o título) un pouco excéntrica. Xa vos iremos contando as nosas impresións.
Engadimos unha charla que deu na Coruña nos Encontros cos escritores e coa cal engaiolou a moitos e a moitas.
27/01/15
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
