Libros contra a soedade do home.
Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar e adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores
non son solo nosas
e pra mover a solidaridade
que a nós tamén alcance.
non son solo nosas
e pra mover a solidaridade
que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver á orixe,
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que poido ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpable.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio
e que nos pode chegar,
que nos chegará.
e que nos pode chegar,
que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.
Libros pra ser libres (importante).
Uxío Novoneyra