13/10/12

Mo-Yan. Nobel Made in China

O escritor chino Guan Moye, co pseudónimo de Mo-Yan, que en mandarín significa "non fales" ou "abstente de facer comentarios", acaba de converterse no primeiro autor chino en gañar o premio Nobel en Literatura deste mesmo ano. A Academia Sueca xa recoñece o ascenso de China non só a nivel económico mundial, senón tamén ao social e cultural.

Os seus libros destacan por unha forte critica social inspirada directamente nos pobos que o viron crecer e pasar fame. Mo-Yan pertence a esa xeración pérdida de chinos que tivo que deixar os estudos para traballar nunha fábrica durante a Revolución Cultural (1966-1976) de Mao Zedong.
Algúns dos seus libros como Grandes Peitos, Amplias Cadeiras foron prohibidos polo réxime. O escritor afirma que a súa literatura nace dos silencios da súa voz interna:
"Sinto que escribir é a mañeira máis libre e poderosa de expresarme porque teño moito que dicir. E é tamén a mellor forma de contala miña historia"


A Academia Sueca escolleuno pola súa capacidade para mesturar os contos populares, a historia e contemporáneo con un realismo incrible. Infuído por outros autores como Lu Xun, Gabriel García Márquez e William Faulkner, Mo-Yan adquiriu un sentido do humor irónico,bastante negro e ata kafkiano ás veces, como por exemplo en A vida e a morte estanme desgastando publicado en español por Kailas.
Actualmente encóntrase na súa aldea de Gaomi para "fuxir dos acosos dos medios e pecharse na súa habitación para comezar a escribir" xa que según el mesmo, como dixo nunha entrevista telefónica, ten moitas novas ideas.

,