Ás veces a vida non nos pon as cousas fáciles. Iso sentímolo todos. Momentos nos que temos pensado: "moi mal debín portarme eu na miña vida pasada". Pero tamén é certo que non existirían malos momentos se non existisen os bos, pois o que nos doe é o intervalo do ben ó mal, que canto máis grande sexa máis nos fará sufrir se non o tomamos con filosofía. Pero ese xa é outro tema. Do que quería vir falando é sobre unha historia que nos pode axudar a saber aceptar os problemas e incluso chegar a sacarlles partido ou, polo menos, a replantexarse estas cuestións.
A historia á que me refiro recóllese na novela gráfica de Frederik Peeters baixo o título de Píldoras Azules. Está protagonizada por Frederik, un home namorado dunha muller cun fillo, ambos os dous seropositivos. Frederik terá que enfrontarse a este "golpe" que supón a sida nunha familia e comezar a replantexarse o seu modo de ver a vida. Esta é a parte, para min, cúspide da novela. Representada mentres Fred fala en soños cun mamut froito da "poesía da ciencia" sobre a ciencia e a enfermidade da súa moza e o seu fillo. (O mamut móstrase como poesía da ciencia por ser un experimento creado dela, o que se pode asociar a que apareza nos soños de Federik debido ó resentimento que el sente por ela).
Non vos quero contar moito do cómic en si, máis ben prefiro mostrarvos as miñas propias reflexións. Penso que é algo máis persoal e interesante que restrinxirse a contar o resumo. Ó fin e ó cabo, as historias están feitas para aprender delas e para descubrirse a un mesmo. Porque como é ben sabido, as palabras lévaas o vento, pero a súa alma é o que permanece.
Como conclusión referente ó tema que esconde o libro, creo que podo dicir que a dificultade está nos ollos de quen a mira e que todo ocorre por algo. Se a vida non che da a oportunidadde de replantexarte as cousas con trabas, nunca saberás afrontalas por pequenas que sexan. Ademáis que saír dos problemas fortalece a alma, e apréndese máis do malo e dos erros que do bon. As cousas non consisten en ter sorte, senón en converter a desgraza en fortuna. (O cómo é algo persoal que terás que resolver por ti mesmo).
Noemi Iglesias
2º Bacharelato