17/02/15

Agustín ao Nóbel


 Sen dúbida, Agustín é o noso autor infantil e xuvenil máis coñecido, traducido e premiado internacionalmente, tanto polo número das súas traducións como polo feito de ter recibido o premio Iberoamericano e ser candidato en numerosas ocasións aos premios Astrid Lindgren e Andersen.
O feito de que agora sexa presentado tamén como candidato ao Nóbel supón un fito extraordinario na súa traxectoria autoral. En todo caso, sei que alleo a todas estas cuestións, Agustín Fernández Paz continúa traballando arreo na soidade do seu estudio para ofrecer novas e mellores entregas aos seus lectores e lectoras de todo o mundo.