21/02/16

Ata sempre, Umberto Eco

O pasado 19 de febreiro faleceu Umberto Eco, escritor, filósofo e semiótico italiano autor de obras como O nome da rosa,  O péndulo de Foucault, O cemiterio de Praga ou Baudolino. Queremos lembralo aquí polo seu exquisito sentido do humor, pola súa lucidez e polo seu infinito amor ós libros. Descansa en paz, Umberto, e segue a procurar a Beleza...



"O que non le, aos 70 anos terá vivido so unha vida. Quen le terá vivido 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás..."