Amosando publicacións coa etiqueta OPINIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OPINIÓNS. Amosar todas as publicacións

03/06/16

GÚSTANCHE AS HISTORIAS DE MEDO ? _ANDREA CASTRO

                     

Unha nena chamada Nube, é levada a un campo de concentración xunto ó seu avó por ser diferente ós demáis. Pois Nube ten un gran cociente intelectual e o seu avó é un inventor de primeiras. Pero no campo no é todo normal, pois os soldados son lobos. Xunto co seu compañeiro de caseta; Mun, o albino; a neta e o avó descubren secretos que ninguén imaxinaría xamáis sobre os lobos, e que lles levará a intentar escapar daquel terrible lugar ainda que teñan que romper as normas do recinto e sacrificarse por elo. Pero non é o único recinto que hai que salvar dos malvados lobos, pois existen moitos máis.

Eu recomendo este libro á xente que lle gusta as historias de medo. Tamén penso que este libro conta o medo que pasaban os xudeus cando eran encerrados e maltratados por ser de diferente relixión.

26/05/16

ANA CRISTINA CARAMÉS RODRÍGUEZ _


A historia a narra Clara, unha rapaza que anos despois de desvelar o misterio dun cadáver agochado dende facía moitos anos no seu fogar con tan só trece anos decide contar a súa intrépida historia.
Corría o verán de 1995. No pobo de Vilarelle, no pazo do Soutelo, cando uns obreiros que estaban a traballar nunha reforma no soto atoparon un cadáver  agochado entre uns tabiques.
Clara atopábase alí, e alcanzou escoitar cando os policías que se estaban levando o corpo comentaban que non ía ser moi doado descobrir de quen era o corpo posto que de seguro levaba alí dende a guerra, e de aquela morrera moita xente. Pero aínda así non se rendíu, e decidiu poñerse en busca de probas para descobrir a quen pertencía o corpo.
Co paso do tempo Clara fixo novos amigos, entre eles Miguel, un rapaz de orixe humilde do que a pesar das súas diferencias e a oposición do seu pai rematouse namorando del coma unha tola. Miguel axudou moito a Clara, ao enterarse do asunto do cadáver do pazo. Presentoulle xente que vivira isa etapa da guerra, entre eles a Sebastián. E precisamente grazas a Sebastián, un ex-traballador do pazo e as probas que pouco a pouco foi recadando acabou descobrendo a verdadera historia da súa familia.

10/02/16

CAROLINA TASENDE


Abdulwahid, chámase como o levantador de pesas iraquí que conseguiu unha medalla olímpica de bronce, o único da historia deste país. Vive co seu pai, Ibrahim, carteiro que reparte o correo na súa motocicleta, e Fatiha, a nai; nunha humilde casa cunha habitación única, no barrio de Karrada, en Bagdad.

Agora, coa guerra, os comercios permanecen pechados, el non pode ir a escola e a súa nai apenas sae de casa pola inseguridade. Só as tardes do venres toda a cidade descansa das bombas e ambulancias porque é a hora do rezo. Paran os suníes e tamén os chiíes.

Pasan os meses e nada cambia. Un día, o pai aparece sangrando, pois un coche perseguido por soldados provocoulle un accidente coa moto. Por si morre, fai xurar ó seu fillo que encontrará o destinatario dunha carta que debe entregar con necesidade. Consegue entregala coa axuda do seu amigo Ahmed, que ten que ver a escondidas, pois é chií. Os dous chicos van a casucha do ancián Faysal, o destinatario da carta. Nela, o seu fillo envíalle dende Siria semillas.

Pola noite, volven a casa. El ten medo de encontrar ó seu pai morto. Pero entón escoita o ruído familiar dunha motocicleta, que baixa tambaleando dun lado a outro na calle... 


21/01/16

ANDREA CASTRO


Abdulwahid, chámase como o levantador de pesas iraquí que conseguiu unha medalla olímpica de bronce, o único da historia deste país. Vive co seu pai, Ibrahim, carteiro que reparte o correo na súa motocicleta, e Fatiha, a nai; nunha humilde casa cunha habitación única, no barrio de Karrada, en Bagdad.
Agora, coa guerra, os comercios permanecen pechados, el non pode ir a escola e a súa nai apenas sae de casa pola inseguridade. Só as tardes do venres toda a cidade descansa das bombas e ambulancias porque é a hora do rezo. Paran os suníes e tamén os chiíes.
Pasan os meses e nada cambia. Un día, o pai aparece sangrando, pois un coche perseguido por soldados provocoulle un accidente coa moto. Por si morre, fai xurar ó seu fillo que encontrará o destinatario dunha carta que debe entregar con necesidade. Consegue entregala coa axuda do seu amigo Ahmed, que ten que ver a escondidas, pois é chií. Os dous chicos van a casucha do ancián Faysal, o destinatario da carta. Nela, o seu fillo envíalle dende Siria semillas.
Pola noite, volven a casa. El ten medo de encontrar ó seu pai morto. Pero entón escoita o ruído familiar dunha motocicleta, que baixa tambaleando dun lado a outro na calle... 


13/06/15

Carolina e Ana Cristina comentan a súa participación en ELVILENDO




                               


Non só lemos; encontrámonos con escritores,  ilustradores, músicos e poetas, facemos excursións literarias cargadiños de libros, viaxes virtuais  e físicas ao pasado e presente,  enchemos os corredores, soto e as aulas de poesía... 
Vaia, que non paramos! 
Fainos caso ... o próximo curso, non o dubides, vén connosco e descubriras todos os camiños da literatura. Esperámosvos.  

17/04/15

ROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL






"Prohibido leer a Lewis Carroll" é unha novela escrita por Diego Arboleda. Este libro, foi un dos que lin no Club de lectura. Apunteime a el porque parecíame unha nova experiencia, xa que nunca estivera en algo parecido. A verdade e que é bastante divertido, e ler axudante moito cos estudos porque estas máis relaxado.
Este libro gustoume moito. Aínda que ao principio parece un pouquiño infantil, pero o que se narra é moi entretido e gracioso.Eu aconsello este libro a xente que lle gusta moito a intriga e os misterios, pero que á vez sexan graciosos e divertidos.

16/04/15

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.


Este, concretamente, foi o terceiro libro que lemos no Club de lectura. Eu, o lin enteiro, pero os meus compañeiros non puideron ler todo porque dicían que era moi infantil. A verdade éque un pouquiño de razón tiñan. Pero eu aguantei ata o final. E tampouco estaba tan mal como dicían eles. Penso que a este libro lle tes que botar algo de imaxinación.
Eu aconsello este libro aos mozos que teñen unha imaxinación moi aberta, porque se non tes ganas de imaxinar, este libro non é para ti.

01/05/14

Velaquí un libro entretido e ben escrito por Ledicia Costas. Enganchoume ata o final, gustáronme  as personaxes e como estaban presentadas. Se tivese que elexir quedaríame con Mar, a mellor amiga da protagonista (Isla) e o seu punto de apoio, sempre valente e boa amiga.
Queda moi ben reflexada a actualidade, aínda que o asasinato final da historia sexa algo difícil de darse na vida real.
Eu cambiaría algunhas cousas, por exemplo, paréceme que a contorna  que rodea a Isla  é moi negativa en todos os aspectos: na escola, na rúa, na casa e na súa vida en xeral. Que todo sexa tan malo converte a historia nun relato un pouco triste e algo incómodo de ler .
Sara Gestal Valeiro 2º A

30/04/14

OS TEMPLARIOS DA LUZ

Aprezado Anxo Fariña: 
Escríbolle esta carta porque o seu libro gustoume moito. É moi interesante a mestura entre ficción e realidade. Por veces parecíame estar vendo  unha serie de debuxos animados na televisión. Eu recoméndollo a calquera porque podes botar a tarde lendo sen parar e divertíndote moito. Para rematar só me falta dicir que é o libro de ficción que máis me gustou en moito tempo e que estou disposto a seguir lendo as aventuras de Lúa, Ezbel, Ruxe e Ninfa e coñecer como utilizan os seus poderes.
Iago Nuñez Tizón 2º A

28/03/14

Recoméndollo a todo o mundo


    O  libro consta de catro contos cortos, que, según di o propio autor nun momento da narración, son historias que lle conta o seu pai anos atrás...         se queres saber máis sobre o autor preme aquí.
Sara Gestal 2º A 

20/03/14

Se che gustan os libros de misterio, intriga e un chisquiño de amor



Asústate Merche é unha novela que trata sobre Auria, unha nena de 15 anos que, a partir dunha esquela dun xornal, descobre unha terrible verdade que a empuxa cara o suicidio...
Cynthia Rodriguez  2º A

30/01/14

UNHA HISTORIA DELICADA

O libro do club de lectura , La nieta del señor Lihn, paréceme unha bonita historia. Trata dun señor que emigraba do seu pais escapando da guerra. Unha das dificultades do señor é que non se podía comunicar ca xente porque non coñecía o idioma e eso impedia a comunicación entre eles. Ten un misterio que non sabes de que pais ven e a que país se vai. Gustoume moito e o recomendo a xente que lle gusta ler.

                                               Sharon Carmona Andrade 3ºB

15/11/13

Un bosque cheo de paus e obstaculos/Brais Oanes.

aqui                                 
Un bosque cheo de faias   
 Unha historia incrible de aventuras e misterios sen resolver.A historia esta desenrolada nunha vila de Galiza na que a un neno de cor foi atacado brutalmente na propia vila,os amigos de ese neno queren vivir tranquilos pero non poden deixar de pensar en elo, descubren que os atacantes foron uns neonazis racistas moteiros que atacan en grupo.        A historia gustará a xente que quera leer aventuras e misterios.O libro esta cheo de traición e decepcións e pouco a pouco vaise descubrindo quenes foron e cal e o motivo dos ataques.

13/11/13

O misterioso palazzo

               
Os libros son un pasatempo que utilizan todas as persoas, desde nenos ata anciáns, fan que te metas nun mundo diferente do teu, e cando te queres dar conta o tempo xa a pasado voando, ademais se che gustaría probar algo novo, saber como vivían os nosos devanceiros, imaxinar outras cidades....eu lin un libro que ten todo isto.

Os espellos veneciás é unha historia escrita por Xoán Manuel Guisbert trata dun rapaz chamado Giovanni Conti  que fai unha larga viaxe desde Nápoles ata Padua (unha cidade de Venecia) para realizar un curso de letras cun prestixioso profesor desa universidade. Cando chega a residencia onde queren hospedarse todos os estudantes (polo seu baixo prezo) se encontra con que a hospederia xa está chea, mais tarde unha anciá chamada Alessandra lle ofrece unha habitación na súa casa por un bó prezo.

12/11/13

ORPHEUS... NA BRÉTEMA


A historia, comeza en xuño do 1943 , o reloxeiro Maximilan Carver anuncia a sua familia que se mudarán,para alexarse da cidade e dos aires da guerra.
A Max,o noso protagonista non lle chista muito a idea.O día seguinte os cinco compoñentes da familia Carver inician o camiño cara a súa nova casa.



09/11/13

Critina unha boa detective

         O MISTERIO DAS BADALADAS

Esta historia trata dunha nena chamada Cristina que un día mentres intentaba durmir ,tocou as badaladas de media noite. Puxose a contar as badaladas ,pero esta vez non iban tocar doce veces ian tocar trece nin máis nin menos .Se vos gusta podedes buscar AQUI algo sobre o libro.Pero xa digo se vos interesa comentovos que vai de aventuras pode interesar moito.

Xabier P. DoCampo (AELG)-1.jpgEsta rapaza é unha boa detective grazas ao seu creador Xabier P. DoCampo é disfrutado moito de esta rapaza e os amigos ,aunque sexa a protagonista os outro rapaces teñen tanto protagonismo como ela .Se alguén  me volverá deixar o libro o volvería  ler libro dun tirón.

   ,Damián Angulo Pardo

19/06/13

NA CORUÑA E ARREDORES




Este libro escrito por Manuel Rivas recolle moitas historias propias ou escoitadas de amor e esceas cotiás, pero como se fose unha autobiografía ficticia, algunhas máis largas e cun nó completo e outras que simplemente son pequenos relatos.
 A min gustoume especialmente pola maneira de contalas historias, como se as levase dentro, ou sexa vividas por él. Tamén gustoume que utilizase nas historias a localización, en A Coruña e arredores porque faino máis cercano e coñecido.
 Teño que recoñecer que tiven certas dificultades ao lelo, porque ao cambiar tan rápido de relato cústame adaptarme ao novo e cando xa estou nel metido, cambia de conto e faime un lío.
Pero aínda así o recomendo á xente porque aprendes cousas que non sabías do pasado na época da ditadura franquista e cercanos.


IGNACIO GARCÍA SÁNCHEZ 3ºA

18/06/13

CONTOS DE AMOR

Este libro de Agustín Fernández Paz componse de varios relatos co tema principal do amor.
Non te equivoques, cando digo que fala do amor non me refiro a este amor pegañento dalgunhas novelas, senón todo o contrario, un amor puro e sensible que consegue chegar ó corazón e ser entendido por todos, ata polos menos románticos. Amor que o autor pretende materializar ás veces, sobre todo, en forma de literatura (libros de poesía e novelas).

17/06/13

DIFERENTES VISIÓNS


Na nosa opinión, o libro resultounos Á hora de lelo un pouco aburrido e había cousas nel que non nos gustaban: Expresións de difícil comprensión e, nalgúns momentos, parecía mal redactado xa que non entendiamos ben o que quería transmitirnos.

Por outra parte, pareceunos un libro entretido  porque algunhas das súas historias eran moi fermosas e amenas. En especial gustounos Amor de agosto, aínda que nos pareceu moi triste, porque nel cóntase a historia dun home que deixa a o seu amor debido a que ten que emigrar con seu pai para encontrar traballo. Parécenos un relato que se pode vincular bastante ben á actualidade, xa que agora moita xente está emigrando por ese motivo.

Nós recomendamos este libro á xente que queira saber máis do amor en moitos dos seus aspectos, tanto bos como malos.



Samuel Touriñán, Kevin Bermúdez, Alberto García. 3ºB

15/06/13

Descubre todo o que pode cambiar a túa vida en cuestión de segundos.


" Hai catro anos, Bárbara Molina, daquela unha rapaza de quince anos, escapou de casa. Sen motivo, sen razón aparente. Fuxiu o vinte e dous de marzo do 2005, martes, e deixou unha nota manuscrita.Tratábase da típica nota de adolescente, escrita con présa, tallande, definitiva e tráxica: Voume, non me busquedes. Bárbara. " 
Bárbara era unha moza normal, unha adolescente coa súa vida fóra e no interior da súa casa. Qué puido levar a Bárbara a fuxir da casa? Qué motivo a atormentaba tan fortemente coma para alonxarse da súa familia? Seica pode que fose a súa ruptura co seu mozo Martín Borras; a ruptura da súa amizade con Eva Carrasco, a súa mellor amiga dende que ten recordo; as quedadas có seu profesor de historia e a súa grande relación ou mesmo, as súas discusión familiares e o afán do seu pai por protexer a súa nena.Elena 3º A