27/03/17

Ray Bradbury e "Crónicas marcianas"

Lecturas de 2º de ESO

     Os alumnos do club de lectura Elvilendo de 2º de ESO veñen de ler a famosa obra de Ray Bradbury Crónicas marcianas publicada no ano 1950. Estas son as súas reseñas da obra.

Crónicas marcianas é un conxunto de pequenos relatos escritos na década de 1940 polo escritor norteamericano Ray Bradbury. Todos eles narran en orde cronolóxica desde 1999 a colonización de Marte, pero desde diferentes perspectivas ás habituais, por exemplo, amosando como reaccionan os nativos marciáns ante criaturas tan diferentes a eles, ou como o home, despois de consumir o seu propio planeta natal, se expando a outros mundos, levando consigo a súa voracidade.

Miguel Rodríguez Mosquera, 2º ESO A


Crónicas marcianas é un libro escrito por Ray Bradbury. Este libro fala da colonización de Marte por parte dos humáns con un toque humorístico e filosófico. A historia transcorre desde 1999 ata o ano 2026, pero desde o punto de vista da xente en 1940, cando a obra foi redactada. A meirande parte da historia céntrase na interacción entre o home e a cultura deixada polos marciáns, pois estes case quedan extinguidos por culpa dunha enfermidade tan trivial como a varicela, traída polos astronautas humáns. É unha obra que seguro encantará a calquera que a lea, sen importar a súa idade.

Íker Rodríguez Rodríguez, 2º ESO A