25/11/11
CONTRA O MALTRATO: XUNTOS PODEMOS
Únete a esta loita contra o maltrato, porque estou segura de que algún día, todos xuntos, lograremos acadar a esperada igualdade de xénero. O número de mortes é moi alto e non se pode pasar por alto un dato así, asique, A QUE ESPERAS? Ti podes axudar, cada persoa conta e, en casos coma estes é preciso estar todos xuntos para logralo, non permitas que esta historia teña un final triste porque podes axudar para evitalo. Le esto e pásao, pásao por onde sexa para que máis xente se decate.informa-infórmate-infórmame-infórmanos! Axudémolas, nunca se sabe, pode que algún día che pase a ti, e nese caso non queremos estar sós/as. En Facebook, en Twitter... Eu xa estou, agora faltas ti, non esperes. CONTRA O MALTRATO, XUNTOS PODEMOS!
Rosalía Chans 4º A
24/11/11
UNHA PRESA DE TERRA
A autora deste libro é Marilar Aleixandre, aquí tedes a súa páxina web http://www.marilar.org/ . Unha das razóns pola que lín esta obra foi que non coñecía a escritora, e tamén porque as primeiras páxinas me gustaron.
Ademais destacar que esta narrativa foi galardoada co Premio Novela por Entregas da Voz de Galicia.
A obra comeza coa aparición dun asasinato, concretamente de Lulú, a protagonista do relato, é a partir deste suceso polo que se desenvolve toda a historia. Por unha parte a policía empeza a investigar o crime, a partir de probas encontradas e traballadas por eles mismos e por outro lado unha detective privada, contratada pola irmá da falecida,que trata de resolver a o caso, copiando as probas da policía, e aproveitando a súa beleza para engaiolar o home da asasinada, así a detective tiña vantaxe xa que se aproveitaba de dúas fontes, ela finalmente resolverá o caso.
Este libro extrañoume moito, xa que foi capaz de que tivera ganas de poñerme a lelo sen tratar de nada relacionado co deporte nin humor, xa que se desenvolve dende o punto de vista tráxico. A autora o que nos quere amosar a través da obra, é que o sucedido durante o relato pasa con frecuencia no mundo real, ademais ahora que por estas fechas celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero.
4ºA, LER, Manuel
23/11/11
22/11/11
25 Novembro: DI NON AO MALTRATO
De novo volvemos as andadas ca violencia de xénero, a simple vista pensaredes que é un libro deses que empezan a falar e falar contando todo sobre a violencia de xénero pero... non, non é o caso, non se trata dun deses libros "tostón" ou "coñazo" , trátase dun libro entretido que transcorre nun período dun ano apróximadamente e relata as cousas cotías diarias das nosas vidas pero visto dende a mente duhna nena de máis ou menos a nosa idade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)