21/02/21
16/10/20
Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020
A poetisa Olga Novo foi a escollida polo xurado dando por feito a calidade da nosa poesía. Non é casualidade que en dous anos consecutivos (2019, Pilar Pallarés), a poesía galega acadase este prestixioso premio.
Se a queredes coñecer mellor, podedes mirar aquí: Historia da literatura galega
Nós preferimos que fale ela e a súa poesía
Aquí podedes escoitar un poema dela musicado por Xardín Desordenado: Son de poetas
acudían a min as palabras enganchadas a arados do cerebro
coma quen levanta terrós lingüísticos e fala do amor
e as circunstancias
con total precisión e planta
patacas
no medio dun poema
e nacen.
Antes
facía faíscas xuntando duas vogais
coma se un chisqueiro fixera chama no medio da gorxa
e con iso eu podía
falar a voz
dos seres inertes que tiñan á miña mente buscar refuxio.
Ai
pero iso era antes.
Agora
amo con exactitude hormonal
e a miña boca é un animal bivalvo
que só se abre para pechar o abismo.
Agora
eu mírote extasiada mentres dormes
e disólvome no costro fulgurante
coma unha estrela que lle dera de mamar fósforo ao ceo.
E falo na linguaxe que non serve
no silencio da sílaba primeira:
deséxoche que sexas amada tolamente
e que ningún poder poida
amainar nunca
a túa
Feliz
Furia.
28/06/18
Xincana final do club de lectura
Despois de tantos libros, mereciamos unha xornada distinta. Fixemos unha competición por equipos localizando persoeiros enterrados en San Amaro e esculturas no campo da Torre.
Se queredes ver como o pasamos, aquí tedes o vídeo
26/06/18
Casa Hamlet
O grupo de teatro coruñés visitou o IES Elviña, poñendo en escena o espectáculo Venecia Dies para conmemorar a Semana do libro. O espectáculo consta de diversas piezas breves de distintos autores (W. Shakespeare, A. Cunqueiro, E.A. Poe...), é foi representado excepcionalmente para o alumnado de 4º de ESO do centro.
Tras a representación, houbo un coloquio cos actores aos que o alumnado fixo preguntas arredor deste difícil oficio.
A semana do libro no IES Elviña
Coa colaboración do profesorado, fíxose unha gran exposición que foi visitada por todos os cursos. Na biblioteca tivo lugar unha exposición ede libros en distintas linguas con seccións no interesantes como a dedicada aos libros antigos. Expuxéronse misceláneas medievais, edicións moi valiosas como as Danzas da morte, textos xurídicos do s. XVII e biblias el alfabeto crítico.
Esta e outras actividades coordinadas pola Biblioteca e os departamentos de linguas do centro pretenden fomentar a lectura e abrir los horizontes do plurilingüismo.
08/05/18
Poemas sobre o mar
No club de lectura lemos Volverás golfiño, de Andrea Maceiras.
Esta lectura suxeriu algúns poemas a Isis, 1º C
Amor no mar
Aquelas noites
que pasei no mar
aqueles días
non poden voltar.
Os meus pés descalzos
pegadas baleiras.
Os meus ollos cansos,
pousados nos días
Os meus pensamentos
pousados na area.
Aqueles recordos
debaixo da terra.
No fondo do mar
A luz do faro
de Cabo Vilán
é a luz da morte,
a luz do mar.
Pesqueiros, navíos
non han de chegar
á zona costeira
de Cabo Vilán.
O camiño é duro,
has de cavilar
se queres chegar
ou morrer no mar.
A Costa da Morte
chámase así
por xente que dorme
no seu balancín
Asasinato
Durme, miña nena,
durme, bolboreta
que has de durmir
sen mal e sen pena.
Durme o teu pai e
durme o teu curán,
non chores meniña
non penses no mar.
Morreu o avó,
morreu o barco.
Morrerás ti
alí embaixo.
Durme, meniña,
durme no mar
con moita sorte
has de naufragar
Un momento
Deixádeme a soas
cos meus pensamentos.
Deixádeme pensar
tan só un momento.
Deixádeme chorar
sen ter un motivo.
Deixádeme berrar
lembrar o olvido.
Nunca por tantos
Nunca tan pouco
Nunca me esquecen
Nunca me deixan so
Á merda os que odian
e desprenden amargura