Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eliseo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Nivardo Castro, que actúa, coma outras veces, acompañado polo xornalista Carlos Conde. A novela de Carlos G. Reigosa acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en Galicia co tráfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemáns –co porto de Vigo convertido nunha vía de escape de xudeus e de nazis–, e que termina no ano 2013 na Arxentina patagónica. A vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por Crime en Compostela e protagonizadas polo detective Nivardo Castro, é unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazón do máis grande drama bélico do século XX e as súas demoradas consecuencias.
30/10/14
O DETECTIVE NIRVARDO CASTRO... NOVA ENTREGA
29/10/14
Non é máis rico quen máis ten, senón quen menos precisa - Agustín de Hipona
Ás veces a vida non nos pon as cousas fáciles. Iso sentímolo todos. Momentos nos que temos pensado: "moi mal debín portarme eu na miña vida pasada". Pero tamén é certo que non existirían malos momentos se non existisen os bos, pois o que nos doe é o intervalo do ben ó mal, que canto máis grande sexa máis nos fará sufrir se non o tomamos con filosofía. Pero ese xa é outro tema. Do que quería vir falando é sobre unha historia que nos pode axudar a saber aceptar os problemas e incluso chegar a sacarlles partido ou, polo menos, a replantexarse estas cuestións.
A historia á que me refiro recóllese na novela gráfica de Frederik Peeters baixo o título de Píldoras Azules. Está protagonizada por Frederik, un home namorado dunha muller cun fillo, ambos os dous seropositivos. Frederik terá que enfrontarse a este "golpe" que supón a sida nunha familia e comezar a replantexarse o seu modo de ver a vida. Esta é a parte, para min, cúspide da novela. Representada mentres Fred fala en soños cun mamut froito da "poesía da ciencia" sobre a ciencia e a enfermidade da súa moza e o seu fillo. (O mamut móstrase como poesía da ciencia por ser un experimento creado dela, o que se pode asociar a que apareza nos soños de Federik debido ó resentimento que el sente por ela).
27/10/14
26/10/14
Falece a escritora, xornalista e activista feminista Begoña Caamaño
Podedes ler a súa carta de despedida destinada a Uxía"Os medios de comunicación de masas teñen ese efecto de facer que se esquezan as cousas importantes, como se xa non o fosen porque xa non están “de actualidade”. E unha sociedade que esquece é tamén unha sociedade que non pide responsabilidades aos causantes do mal".
preme na imaxe
25/10/14
JOHN BANVILLE
Podemos dicir que os Premios Príncipe de Asturias son unha garantía de calidade no apartado das letras. Este ano concédese o premio de Literatura ao irlandés John Banville, un home moi curioso que é ao mesmo tempo un autor de culto para espíritos esixentes e un escritor de éxito para público máis amplo coas súas novelas policíacas baixo o pseudónimo de Benxamín Black.
É un bo momento para achegarnos ao seu mundo lendo O mar, Os infinitos ou as obras de Benxamín Black como O outro nome de Laura, Na percura de Abril ou Morte no verán. Temos a posibilidade de escoller obras con estilos diversos dependendo das nosas ansias lectoras.
É un bo momento para achegarnos ao seu mundo lendo O mar, Os infinitos ou as obras de Benxamín Black como O outro nome de Laura, Na percura de Abril ou Morte no verán. Temos a posibilidade de escoller obras con estilos diversos dependendo das nosas ansias lectoras.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


