30/04/15
Cuqui
Temos moi ocupado a Carlos, o noso artista editor de vídeos, pero aínda así sacou tempo das pedras para ofrecernos este petisco da actuación exitosa de Lucía Aldao e María Lado no noso Instituto. Lembrade que é un poema-agasallo para ofrecer como desagravio no caso de desencontros con amigos ou amigas, mozos e mozas ou calquera ser vivo contrariado polos nosos erros:
24/04/15
Le+O escritor Agustín Fernández Paz acaba de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos Clubs de Lectura dos centros de ensino polas Bibliotecas Escolares de Galicia.
23/04/15
Juan Goytisolo: "La luz brota del subsuelo cuando menos se la espera"
Este ano concedeuse o Premio Cervantes a Juan Goytisolo, autor polifacético que habita en Marrakech e ten unha ollada especial (máis obxectiva e periférica) cara Occidente. Coma sempre, o mellor xeito de coñecer a un escritor é lendo a súa obra, pero aquí queremos deixar constancia do seu intensísimo discurso na cerimonia de recepción do premio: “Volver a Cervantes y asumir la locura de su personaje como una forma superior de cordura, tal es la lección del Quijote. Al hacerlo no nos evadimos de la realidad inicua que nos rodea. Asentamos al revés los pies en ella”. Un aplauso para Goytisolo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


