Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENCONTROS b>. Amosar todas as publicacións
29/05/16
07/12/15
03/06/15
Dúas poetas: Lucía Aldao e María Lado
Levounos un pouco de tempo pero por fin temos un documento gráfico digno do recital poético con que nos agasallaron Lucía e María. Grazas a Carlos aquí o temos:
16/05/15
Asistimos a un taller de banda deseñada e disfrutamos dun concerto poético
O venres 15 de maio xuntámonos os clubs de lectura iunior de Monelos, Monte das Moas, Zalaeta, Agra, Rafael Dieste e nós Elviña no Ágora. Asistimos a un taller de banda deseñada impartido por José Domingo; o artista explicounos o proceso creativo desde os seus inicios: idea xeral, confección do guión, bocetos, debuxos iniciais e entintado dos mesmos, coloreado e revisión final. E non só iso; ofreceunos unha primicia mundial: os bocetos do seu novo libro sobre un par de rapaces aventureiros (Pablo e Jane) que vai ser publicado en outubro. Agardamos impacientes. Mentres tanto se queredes ver varios dos seus debuxos podedes facelo aquí...
Non acaba aquí o conto: volvemos disfrutar da poesía e da música de Lucía Aldao e María Lado; ofrecéronnos o seu espectáculo "Con cen poemas por barba". Xa somos fervorosos seguidores deste marabilloso dúo:
E no Ágora participamos na fotomontaxe do día das Letras Galegas:
30/04/15
Cuqui
Temos moi ocupado a Carlos, o noso artista editor de vídeos, pero aínda así sacou tempo das pedras para ofrecernos este petisco da actuación exitosa de Lucía Aldao e María Lado no noso Instituto. Lembrade que é un poema-agasallo para ofrecer como desagravio no caso de desencontros con amigos ou amigas, mozos e mozas ou calquera ser vivo contrariado polos nosos erros:
19/03/15
Fans de Pedro
Recuncamos con Pedro Feijoo, e que ben fixemos! Charlamos con el no IES Monte das Moas sobre o libro Os fillos do mar (ademais doutros temas) e volveu a engaiolarnos coa súa simpatía, pasión e paciencia. Mesmo prometeu ir a medias con Elías se atopaba o ouro de Rande...Grazas de verdade, Pedro. Foi un pracer.
Podedes lembrar neste enlace o anterior encontro con Pedro Feijoo.
Podedes lembrar neste enlace o anterior encontro con Pedro Feijoo.
20/05/14
UNHA GRATA EXPERIENCIA
Laura Sabugo, 1º bacharelatoCada día síntome máis orgullosa de formar parte do alumnado do IES ELVIÑA. E, cando digo isto, é por unha razón de peso. O pasado xoves, 15 de Maio, contamos coa presenza dun escritor galego coñecido sobre todo pola súa novela "Os fillos do mar". El é Pedro Feijoo.
En primeiro lugar, mostrounos algunhas facetas da súa traxectoria que descoñecíamos. Ademais de adicarse á escritura, tamén foi membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. Pero iso deixou de ser importante para poder centrarse de cheo na literatura, xa que é un longo camiño debido ós prexuízos que existen contra a literatura galega.Posteriormente, algúns alumnos (ademais de Elviña, había tamén lectores de Carballo e do Urbano Lugrís) fixéronlle varias preguntas dende a súa vida ata as súas obras, unha desas cuestións foi que para escribir tes que sentir algún tipo de paixón ou algo no que te vexas reflexado para poder transmitilo.Así que Pedro respondeu con claridade e dixo que, por exemplo, en Os fillos do mar quería deixar a constancia do peso da memoria da historia; a través do protagonista (Simón Varela) rescatou a historia da cidade de Vigo e das súas construccións.Outra pregunta foi en quen se inspirara para escribir as súas novelas. Dixo que en varios autores importantes da historia da literatura galega, como Rosalía; pero, sobre todo, en Eduardo Mendoza e Suso del Toro.Ademáis, tamén nos contou que na súa primeira novela (Os fillos do mar) non quería escribila cunha trama que podía ubicarse en calquera parte da xeografía española, senón todo o contario: construír unha trama que só sucedese en Galicia, utilizando uns referentes galegos, para darlle unha aparencia de novela áxil, entretida, pero cunha historia e cuns referentes nosos.
Aquí tedes o vídeo (grabado polo noso Carlos) que da fe da crónica.
08/05/14
A VOLTAS CO ULISES
A semana pasada viñeron ao noso centro Lino Braxe e Ana Pontón. Eles escribiron unha comedia titulada Ulises, baseada nesta figura mitolóxica. Estivemos na biblioteca e explicaron o motivo polo que decidiron recrear este personaxe en forma de comedia: Consideran que pretendían facer un divertimento que servise para que o pasasen ben os lectores. Dixeron que eles gozaran moito durante a creación e animáronnos a representar a obra. Iso si, pensan que non a debemos coller ao pé da letra, senón adaptala ao noso xeito de ver as cousas. O importante é que o pasemos ben. En principio saímos con moito interese. Veremos agora se realmente levamos adiante o proxecto.
Non queremos rematar sen resaltar o grao de comicidade deles durante a exposición do tema. Con persoas así dá gusto participar na cultura.
Natalia García Candal
Leticia Varela Cebeira
09/04/14
A VITORIA DO PERDEDOR
Despois de ler e comentar entre nós a novela A vitoria do perdedor, a semana pasada recibimos a visita de Manuel Monge -primeiro presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña-. A novela abriunos os ollos a unha situación social pouco coñecida por nós como foi a represión sufrida pola sociedade nos anos seguintes á guerra do 1936. Entre outras cousas, Jéssica seleccionou unha frase que indica o sentido da obra: "A forza chámase dereito cando está administrada polo Estado e delito cando é o individuo quen a administra".
Pois ben, por medio da visita de Monge descubrimos que a nosa cidade sufriu unha forte represión (el foi un exemplo) e que neste momento hai un grupo importante de persoas que non queren esquecer o pasado para que non se volva a repetir. De aí os monumentos que hoxe se asentan na zona do Portiño ou no Campo da Rata.
11/02/14
16/06/13
UNHA VISITA ESPERADA
A súa visita resultounos moi entretida porque nos aclarou o
contido do libro. Pareceunos unha muller moi entregada ao que fai , escribir
novelas. Pasounos unha serie de fotos do seu libro e dalgunha das súas
presentacións. Ademais falounos das posibles consecuencias desastrosas para o
medio ambiente producido polo cambio climático, cousa que se intúe ao ler
Violeta Tamurana.
En canto ao seu libro... É moi interesante. A nós gustounos
pola súa creatividade á hora de elixir os personaxes (a súa cor, o seu
carácter, o seu físico...) e tamén como resolve a trama que semella unha
historia que podería ter acontecido no mundo da realidade, porque as dictaduras
son perigosas para a boa convivencia e a democracia.
En
fin gustounos moito a súa visita e agardamos que para o ano que ven volva con
moitas historias máis que contarnos e agradarnos as mañás do club de lectura...
Abrazos
e saúdos agarimosos de:
Carlos
Sanjurjo Rey e Adrián Landeira Ben. 1º
ESO A
14/05/13
01/05/13
23/04/13
22/04/13
ELVIÑA, SEMENTE QUE AGROMA
Baixo este título organizamos un ciclo de encontros con autores que teñen en común o feito de teren estudado no noso Centro anos atrás. Cada un deles vai aportar ao alumnado a súa experiencia desde diferentes perpectivas. Dores Tembrás a través da poesía, Fernando Díaz-Castroverde desde o microrrelato e Daniel García ilustraranos sobre o mundo do guión cinematográfico.
02/06/12
SEN COMPLEXOS E SEN REPAROS
O pasado xoves 31 de maio os alumnos de 3º e 4º da ESO puidemos disfrutar dunha marabillosa actuación do grupo Sés que conseguiu deixarnos impresionados a todos os que alí estabamos. De feito, ó rematar a súa última canción todos nós pedímoslle outra máis, e antes de irse, eles aceptaron e tocaron outra. Despois diso conseguiron reunir a moitos alumnos ó seu redor pedindo autógrafos e intentando conseguir un minutiño para falar con eles.
27/04/12
26/04/12
Contos para rir
19/04/12
17/04/12
Xabier P. Docampo en Elviña
Hoxe, martes 17 de abril de 2012 veu un autor de varios libros galegos, Xabier P. Docampo. Este home falou da súa vida e do seus libros publicados. A min gustoume moito o que dixo. É un señor moi divertido. Falou sobre todo,de "O misterio das badaladas": canto tardou en escribir o libro, como se lle ocorreu a idea... Contestou ás preguntas que lles fixeron os alumnos do instituto e algunha tamén que lle fixeron os profesores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















