04/06/10

Visita de Dores Tembrás.




O pasado día veunos visitar unha ex-alumna de noso instituto, Dores Tembrás, que hoxe en día é unha gran poeta.


Para nós foi unha das visitas máis conmovedoras que tivemos ata agora.
Foi moi bonito o encontro entre Dores e Pepa: porque segundo nos contou Dores, Pepa foi unha das súas profesoras que máis recorda con especial cariño, xa que lle encantaba como explicaba, como era...foi unha das súas inspiracións para ser o que hoxe é.



Gustounos moitas cousas dela, parecía que daba gusto escoitala e que os oídos nolo agradecían pola súa voz tan doce e o ben que se expresaba. Encantáronnos os poemas que leu, pero en especial "Leaving New York never easy". Nós entendemos neste poema, non estamos seguras de que trate disto pero é o que nós intrepetamos, que o que contan nos contos das princesas é como irreal ou como se contaran a súa infancia, pero ela no poema conta cando eles se fan maiores e teñen os seus traballos, responsabilidades...e rinse porque a xente pensa que a súa vida é como a do conto "Que viviron félices e comeron perdices" pero non é asi.

Sorprendeunos a súa forma de pensar porque ela non soñaba con convertirse na mítica princesa do conto que pasase a vida esperando a que apareza o príncipe, ela quería ser como a leiteira, que tiña plans de futuro e era traballadora, pero sen que se lle rompera o cántaro.

Nós tamén nos emocionamos con ela cando falou de Flora e iso que nós non coñecimos a Flora, unha profesora súa que tamén foi moi importante para ela.

Estivo moi achegada a nós porque nos contou cousas da súa infancia, do seu pai, do seu fillo e principalmente da súa avoa.

Desexámoslle moita sorte e que publique moitos libros máis.


P.D: non lle fagas traballar moito a Romeu, como fixo o teu pai contigo.

Antonella e Patricia. 3ºC