O día 11 de marzo de 2011, Xapón viviu a súa maior traxedia dende a 2ª Guerra Mundial. Un terremoto de 9.0 na escala de Richter, acompañado por un maremoto de ondas de 10 m, destruiu unha grande parte do país deixando máis de 1.000 mortos e máis de 88.000 desaparecidos. Ainda que lles preocupe os efectos do terremoto e o tsunami, máis lles afecta a central nuclear de Fukushima, na cal algúns dos seus reactores xa explotou. Agóra temen que haxa unha fusión do núcleo, na que implica unha fuga radioactiva.
Impresióname que esa xente, ainda que o perdan todo, seguen mantendo as ilusións de reconstruir o seu país e seguir adiante. Estou moi pendente das noticias, por algunhas imaxes que chamáronme moitísimo a atención, como a que encontraron un bebé vivo no meio de todos os escombros e outra dun can que axudou a outro ferido.
Emocióname moito o que lles pasou, porque algunha xente perdeu os seus irmáns, pais, fillos e fillas e o que máis me chega, é que ainda que teñan a súa mirada perdida na tristeza, a súas ilusión non morreron.Yanca, 2ºB