O haiku é unha das formas da poesía tradicional xaponesa máis estendidas.
A palabra haiku provén de haika, un poema no cal o comezo era chamado hokku. Este comezo foi o máis importante da cadea ata 1890, ano no que o haiku comezou como unha arte independente.
A finais do século XIX, Masaoka Shiki separou o hokku e creou o haiku por primeira vez. O primeiro escritor de haiku é Shiki, reformador do hokku.
Á hora de redactar un haiku estas regras moitos poetas non as teñen en conta, especialmente cando adaptan o haiku a outros idiomas.
Tradicionalmente o haiku, así como outras composicións poéticas, busca describir os fenómenos naturais, o cambio das estacións, ou a vida cotiá da xente.
Na actualidade, acostúmase ensinar a escribir estes poemas curtos en escolas occidentais, aínda que dunha forma moito menos estrita, respectándose unicamente o formato silábico.