19/01/11

Unha das mellores lecturas da historia da literatura galega

O escritor  Xosé Neira Vilas nacen nunha pequena aldea de Gres, pertencente ó Concello de Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928. Cando contaba con vinte anos emigrou a Bos Aires, cidade na cal estivo en contacto con importantes personalidades da cultura galega, e no ano 1961 pasa de Arxentina a Cuba.
Xosé Neira Vilas
"En Bos Aires acabamos
na comisaría por cantar
en galego nun bus"
A súa obra máis coñecida Memorias dun Neno Labrego publicada en Arxentina no ano 1961, xa cumpre 50 anos da súa publicación. É o relato galego máis lido de toda a historia da literatura galega, supera a decimoquinta edición e foi traducido a varios idiomas.

Esta novela intentanos relatar como era o estilo de vida nos anos 40 dun rapaz labrego chamado Balbino nunha aldea galega. Esta obra reflíctenos o mundo rural e a emigración.
O libro tivo como primeiro lector a  Rafael Dieste, logo Luís Seoane que estivo interesado pola obra e ata fixo un debuxo para a cuberta da primeira edición.

Nel cóntanos o seu diario das súas experiencias, desde as festas tradicionais coma o Entroido ou as da parroquia ata a vivencia dramática da familia pola morte do padriño esmagado por un carro, que lle impide disfrutalas. A morte tamén se achega ao seu can Pachín. Pero sempre ten esperanza e loito contra un futuro non escrito.

Neste xogo de contradiccións a emigración pode ser o mellor camiño, como asegura seu pai cando marcha para América o irmán Miguel, ou unha falsa saída, como defende o padriño.
Ás veces, certamente, a única saída rebelde contra a inxustiza é a fuxida. É o que fai cando seu pai lle pega por enfarruscarlle a cara ao ricachón e mimado Manolito. Na procesión escapa e para na casa dun xudeu, que lle reflexiona sobre a hipocrisía da xente, que non busca a verdade nin a xustiza.



A escola é frustrante e non abre moitos camiños. Primeiro, o mestre andaluz non entende a terra na que está nin o entenden a el. Logo, namórase da mestra de Betanzos e convértese nun dos mellores alumnos. Pero ela casa, marcha e entón Balbino négase a volver ao colexio.

Seu pai castígao poñéndoo a servir. Pero aprendeu do xudeu que o que importa na vida é ser honesto e solidario, do enterrador que deixando feito algo de valor non morre de todo. Cando emigra o amigo Lelo, comeza a escribirlle contándolle cousas de alá, despois dun tempo abandoa a escrita ao xa ter con quen desafogar os seus pensamentos. Déixallo a Alberte, universitario que escribe libros, que disque que non llo vai ensinar a ninguén por vergoña.

Recoméndovos ler esta novela porque durante a súa lectura lembrarános algunha vivencia nosa ou herdada.


Ligazóns de interese:

Videoteca do autor.
Déixovos un dos fragmentos do libro "Balbino".
Se queres ver unha entrevista súa preme aquí.
Para ver a páxina da súa fundación preme aquí.

Xornais opinando:
La voz de Galicia

FERNANDO 2ºA