29/03/12

EL PRÍSIONERO DEL CIELO

     Ola! Quérovos contar o que me pasou coa lectura.     A verdade é que nunca antes mostrara interese polos libros de lectura; todo o contrario, aburríanme. Até que en  segundo da ESO nos mandaron ler un libro de Carlos Ruíz Zafón, El Príncipe de la Niebla.  Gustoume tanto e pareceume tan interesante que decidín seguir co mesmo autor.      Ao final, acabei lendo Marina, El Palacio de la Medianoche, Luces de Septiembre, La sombra del viento, El juego del Ángel e El Prisionero del Cielo. Cando remataba de ler un, non me chegaba a hora de comezar a ler outro.  


   Zafón converteuse no meu escritor favorito xa que nos seus libros mestura o misterio e a intriga e, tamén dun xeito máis reducido, o amor.Como puidestes observar, lin todos os libros publicados por este autor até o momento e estou agardando impaciente a que apareza  seguinte. Por iso vos animo a todos e todas a ler xa que non sabedes con que marabilla vos podedes atopar. Eu atopeino neste autor e agora tócavos a vós gozar con Zafón ou con outro, pero seguro que o conseguiredes dentro da lectura.