Amosando publicacións coa etiqueta Primeiro de Bacharelato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primeiro de Bacharelato. Amosar todas as publicacións

09/04/14

A VITORIA DO PERDEDOR

Despois de ler e comentar entre nós a novela A vitoria do perdedor, a semana pasada recibimos a visita de Manuel Monge -primeiro presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña-. A novela abriunos os ollos a unha situación social pouco coñecida por nós como foi a represión sufrida pola sociedade nos anos seguintes á guerra do 1936. Entre outras cousas, Jéssica seleccionou unha frase que indica o sentido da obra: "A forza chámase dereito cando está administrada polo Estado e delito cando é o individuo quen a administra".
Pois ben, por medio da visita de Monge descubrimos que a nosa cidade sufriu unha forte represión (el foi un exemplo) e que neste momento hai un grupo importante de persoas que non queren esquecer o pasado para que non se volva a repetir. De aí os monumentos que hoxe se asentan na zona do Portiño ou no Campo da Rata.

17/03/14

OS FILLOS DO MAR




A principio do trimestre, no club de lectura, comezamos a ler esta fantástica novela escrita por Pedro Feijoo,"Os fillos do mar". Unha gran mestura entre aventuras, suspense, historia e amor.

Despoís de primeira impresión de "buf que gordo" cando o vin, unha vez que comezas a lelo a ganas de saber máis aventuras impide que o deixes aparcado.

Simón Varela é un arquitecto vigués un tanto mediocre que un bo día recibe a chamada de Isabel Llovet, a cabeza dunha importante e turbia familia das máis poderosas de Vigo, para ofrecerlle un proxecto de restauración na Casa Grande. Despóis da morte da señora Llovet, Simón vese sumerxido nun gran lio no que ao principio non entende porque está alí. Xunto a Mariña, filla de Isabel e Eneas Dafonte, empezan a investigar o verdadeiro pasado da familia e a causa pola que el está metido nesa intriga da que xa non pode sair.

Toda esta historia contada cun gran toque humorístico e a importancia da arquitectura de Vigo, a cal Pedro Feijoo nos describe dunha forma tan detalla que na nosa mente parece que estamos vendo unha fotografía. Non so de Vigo senón tamén a importancia que cobra no relato a ponte de Rande, a illa de Ons e a ría de Vigo.

Resumindo, é unha novela un pouco extensa pero que merece moito a pena que a leades.

Ana Vázquez, 1º Bacharelato

10/03/14

OS FILLOS DO MAR


Illas Cíes
Ao comezo da novela atopámonos cun mapa cartográfico da costa sur de Galicia, onde aparecen a ría de Vigo e de Pontevedra. Fronte elas, sitúanse as fermosas illas Cíes e de Ons, onde aparece o Burato do Inferno.
Burato do Inferno (illas Ons)

Vigo, unha cidade que Pedro Feijoo describe de forma fotográfica: ensínanos as rúas, prazas, os edificios (moitos deles construídos polo arquitecto Pacewicz).

11/01/14

MOMENTOS ESTELARES DE LA HUMANIDAD

"Wilson Fracasa"

Woodrow Wilson
O relato escrito por Stefan Zweig en "Momentos estelares da humanidade" trata sobre as ideas de Wilson (presidente de Estados Unidos ata 1917) ante a guerra e como os vencedores desta púxeronse na súa contra.

Wilson rexeitaba a guerra, pola contra defendeu unha nova organización no mundo coa que os gobernados estivesen de acordo. Pensando que sería a última, o presidente declaroulle a guerra a Alemaña.

Cando a guerra rematou, Wilson partiu a París a unha Conferencia de Paz, sendo este agardado por unha multitude que cría firmemente nel para acadar a paz.

Sen embargo, os aliados europeos querían vinganza, ao que os estadounidenses responderon illándose políticamente e polo tanto rexeitando calquera acordo con París. Este feito impulsaría os conflitos durante a posguerra e o posterior comezo da Segunda Guerra Mundial.

Zweig escribe este relato atendendo ao punto de vista do presidente Wilson e ás súas boas intencións a pesar do inminente fracaso. Na súa lectura pódese sentir o entusiasmo co que a xente esperaba ao presidente e a ilusión dos seus obxectivos cumpridos, que por desgraza non chegaron a cumprirse.

Joana Iglesias Quiroga 1º B

21/11/13

OS CONTOS DO SAMAÍN



O martes, 5 de novembro, estivemos moi entretid@s grazas ao labor dun gran home que veu relatarnos catro historiñas do tempo do Samaín cun tema en común: a morte. Esta preséntase de maneiras diferentes segundo pasa o tempo.

No transcurso da hora tocamos temas distintos desde o trasno até a santa compaña, que lograron poñernos os cabelos como escorpións. Poidemos aprender que era iso de "corpo aberto" grazas á vivencias do avó dun dos seus amigos.

En conclusión, cantamos, xogamos a disfrazalo, rimos e pasámolo ben. Foi unha moi boa experiencia. Creo que deberían vir máis persoas coma el para gozar e adquirir cultura xeral, xa que os nenos de hoxe en día non teñen moito coñecemento das lendas galegas tan homenaxeadas nesta comunidade.



Sara Sánchez Sánchez, 1º bach

21/06/13

O lector


Todo comezou cando Michael tiña 15 anos e coñoceu a Hannah, unha muller de 32 anos, coa cal vivíu unha relación amorosa non moi propia de persoas con esa diferencia de idade; pero isto non é o que máis chama a atención da novela, xa que despois Hannah desapareceu deixando marcado a Michael que nunca se esqueceu dela.
Pero os seus camiños volveron a cruzarse cando Michael, estudante de dereito acudiu a un xuízo con outros compañeiros; resultou que nese xuízo estaba Hannah acompañada doutras mulleres, e estaban sendo acusadas de ser Guardianas de xudeus na alemaña da 2ª Guerra Mundial. Hannah foi condenada a 20 anos de cárcere, puido ser menos tempo, pero ela deixou que a acusaran de feitos cos que non tivera relación, todo por que non quería que ninguén soubera que non sabía ler nin escribir.

05/05/13

UNHA VISITA DIFERENTE

 No curso 2012-2013 tivemos moitas sorpresas e unha delas foi a visita de Fenando Díaz-Castroverde que, curiosamente, foi alumno deste centro e hoxe en día é un escritor coñecido.
Veu presentarnos o seu libro Microbios e outros paquidermos co que gañou o Premio de Narrativa Breve Repsol 2011. A min o libro gustoume e facilmente diría que non debín de ser a única. Na súa visita escoitámolo con interese e nós tamén aportamos a nosa parte literaria cuns pequenos "xogos" que fixemos. Unha visita diferente, entretida e, como non, con ganas de que se volva a repetir.
Quero desde aquí dar as grazas a Fernando e desexar esa volta

Isabel, 1º bacharelato

02/05/13

( en tan só dez liñas)


Hai varios días veunos visitar ao instituto Fernando Díaz Castroverde, escritor de microrrelatos. A charla foi adicada ao alumnado de 1º de bacharelato. Días antes da visita estivemos facendo exercicios relacionados co seu libro titulado Microbios e outros paquidermos.  
As primeiras veces da lectura dos breves, pero condensados relatos, sorprendémonos positivamente porque nunca antes traballaramos con textos deste tipo. Lois, o noso mestre, chegou un día cunha pila deses libros e no momento en que nos leu só o título, as nosas caras cambiaron. Que podería conter un libro titulado dese xeito? Microbios...? Paquidermos...? Quizais falase de contradicións. Ou sería simplemente algo relacionado cun mundo fantástico sen moito sentido?

27/04/13

FEBRE


Héctor carré, escritor deste libro, informouse moi ben á hora de escribilo, xa que é unha novela baseada en feitos reais.
Todo sucede no pobo de Noia, ao sur da Coruña, cando na segunda guerra mundial a explotación da mina de San Finx para extraer wolframio cobra vital importancia e xente da vila e dos arredores participan na "roubacha". Ían na procura do mineral para vendelo ilegalmente aos alemáns, e non aos ingleses, propietarios da mina, xa que nesta guerra a Alemaña nazi precisábao para endurecer o material bélico e aumentaron os prezos.

28/01/13

A Cea

A Herman Koch, escritor holandés, gustálle plantexar debates morales aos seus lectores, e demostráo moi bien nas súas novelas.
Neste caso, o debate que plantexa en "A Cea" é: ¿Ata qué punto chega o amor dos pais polos seus fillos? Todos sabemos cándo alguén comete un acto inxustificable e desexamos que se castigue aos culpables, pero ¿E se os culpables son os teus propios fillos?, aí todo cambia.

10/10/12

Xa está aquí o curso 12/13


NOVOS LIBROS NOVOS PRACERES 
VÉMONOS NA BIBLIOTECA! 
QUE ESTÁS LENDO?... 
ACHÉGATE AO CLUB DE LECTURA !    
HAI NOVIDADES   
DESEÑAMOS XUNTOS O PLAN DE LECTURA 
 ACHEGA AS TÚAS PROPOSTAS  
PARTICIPA! 
XUNTANZAS CON NOVELISTAS? 
 ENCONTROS CON POETAS?  
QUE ACTIVIDADES CHE APETECEN? 
IMOS AO TEATRO?  
CANDO QUEDAMOS PARA ORGANIZAR O CLUB? 

26/04/12

Contos para rir


Todo comezou un luns coma outro calquera, mais no momento no que me puxen os calzóns souben que ía ser un día especial. Vale... minto: para min era outra onda neste mar de monotonía. Sen embargo, á quinta hora comprendín que me equivocara, pois cando chegas a unha presentación e o primeiro que che contan do individuo é que non está wikipedificado, entendes que non se trata dalguén normal. 

24/04/12

ENTRE RISOS E GARGALLADAS


Un home subido nunha escaleira que viu o luns pasado a contarnos unha historia. A verdade é que ao comezo eu non sabía de que ía a actividade, pero como perdíamos clase eu xa estaba contento, non vou a mentir. 

20/04/12

UN HOME NUNHA ESCALEIRA


Era un día aparentemente normal, monótono, aburrido, coma sempre. Pero iso cambiou ao chegala quinta hora, na que apareceu  Cándido Pazó, un home que de primeiras non aparentaba ser una persoa que nos fixera pasar un gran momento, evidentemente equivoqueime. Este home viña cunha escaleira, algo que non era moi habitual de ver.

29/03/12

EL PRÍSIONERO DEL CIELO

     Ola! Quérovos contar o que me pasou coa lectura.     A verdade é que nunca antes mostrara interese polos libros de lectura; todo o contrario, aburríanme. Até que en  segundo da ESO nos mandaron ler un libro de Carlos Ruíz Zafón, El Príncipe de la Niebla.  Gustoume tanto e pareceume tan interesante que decidín seguir co mesmo autor.      Ao final, acabei lendo Marina, El Palacio de la Medianoche, Luces de Septiembre, La sombra del viento, El juego del Ángel e El Prisionero del Cielo. Cando remataba de ler un, non me chegaba a hora de comezar a ler outro.  

27/03/12

Seda de Baricco

Seda é un libro fácil de ler. Conta con poucas páxinas e un vocabulario normal e corrente, sen necesidade de recorrer a un dicionario para saber os significados. Os primeiros capítulos son os máis diféciles de levar, pero despois a historia engancha e fai que o leas dunha vez sen problemas. Ademais a mellor parte do libro está ao final.  
Para os máis preguiceiros é un libro perfecto, dado que é unha historia moi curta. Á parte, se che gusta moito o libro ou a túa imaxinación non dá para moito, podes ver a película que segue o argumento e tamén está moi ben. 
O libro non é unha novela de amor, máis ben canta a historia dun viaxeiro que se enamora noutro país, tendo unha muller encantadora que tamén quere e que vive moitas experiencias. Se o les, non te arrepentirás.
Irene Lodos Piñón, 1º bacharelato

23/06/11

REMATE DE ACTIVIDADES



Despois de varios meses de lectura compartida e outras actividades inolvidables, despedímonos ata  o curso que vén.
Lembrade que o verán é a mellor época para gozar dun bo libro
na praia ou na casiña .