Paz Andrade desenvolveu as facetas de político,economista, periodista e como non,escritor. Participou na segunda Asamblea Nacionalista celebrada en 1919 e fundou o periódico Galicia. Candidato as Cortes Constituíntes xunto con Castelao e Cabanillas,colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia e foi secretario do Partido Galeguista. Tamén foi colaborador habitual de "El Pueblo Gallego", "Faro de Vigo" e "La Noche".
En 1964 foi nomeado membro da RAG co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa.
Tras a guerra fundou a revista Industrias Pesqueras, impulsou o grupo industrial Pescanova, formou parte da "Comisión dos 10" da oposición democrática e foi elexido Senador por Pontevedra dentro da Candidatura Democrática Galega.
Publicou numerosos artigos periodísticos e amosou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como Pranto matricial ou Galicia como tarea. A súa personalidade tamén o levou a enrolarse na poesía,e ademáis, publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada "Castelao na luz e na sombra".
En canto ao nomeamento de Paz Andrade neste día,o secretario Xosé Luis Axeitos señalou que entre as moitas razóns polas que este escritor fora elexido para este día,destacaba a tremenda contribución á modernización do xornalismo en Galicia e tamén apuntou o fundamental compromiso que tivo co idioma e a cultura galega.
Por se sentides curiosidade de saber algo máis sobre este escritor aquí vos deixo unha ligazón que me gutou moito e que atopei pola rede.
Alba Rey 4º B