Abraracúrcix, o xefe da aldea, chega á casa do seu cuñado Homeopátix, coa sua dona e acompañado de Asterix e Obelix. Durante a cea beben, e, canso dos desplantes de Homeopátix, que o trata coma un paleto e lle bota en cara que non sexa rico coma el, Abraracúrcix apostalle que el pode facer algo que Homeopátix non facía con todos os cartos que ten: Facer un guiso de carne coa coroa de loureiros do César.
Obélix e Astérix van a Roma para conseguir a coroa. Para chegar xunto a César fánse pasar por escravos, pero non son comprados polo emperador, senón por un nobre, Tibius Figadus, no que traballou outro escravo, Calvorotus, que temendo que lle quiten o posto de home de confianza do amo, os denuncia por conspiración contra o César, e son mandados aos leóns do circo dos que conseguen librarse. Máis tarde encontran a Calvorotus, que traballa como escravo do César, e arrepentido polo que lles fixera lles consigue a coroa do César por outra de fiúnchos.