Dragal é unha triloxía dunha historia de fantasía. Eu lin o primeiro libro, no que Hadrián descubre unha lenda oculta sobre dragóns da que, moi pronto, el será o protagonista.
Todo transcorre na Galicia, onde, na igrexa de San Pedro, axudados polo párroco don Xurxo, Hadrián e Mónica visitarán as catacumbas e investigarán sen descanso sobre o estraño medallón de Hadrián, descubrirán os segredos da alquimia e a verdadeira historia dos dragóns.
Este libro gustoume bastante, de feito, acabeino nun día, xa que me enganchou dende o primeiro momento. Aínda que o momento que máis me gustou foi cando Hadrián comezaba a súa transformación.
Recoméndoo a quen lle gusten as novelas de fantasía coma a min. Sen embargo, recoñezo que me esperaba algo máis, supoño que despois de ler os relatos de Edgar Allan Poe nada me volverá a gustar tanto, xa que outra das miñas debilidades son as historias de terror.
Noemi Iglesias