11/10/13

Un Nobel merecidísimo para Alice Munro

A escritora de Canadá Alice Munro recibiu un merecidísimo premio Nobel de Literatura este ano 2013. A súa obra consta maioritariamente de contos, uns contos que convirten o mundo real e corrente nun universo propio e fascinante, cheo de maxia.  As súas historias son en aparencia sinxelas pero bulen por baixo turbulencias emocionais que nos deixan sen alento. É unha escritora sumamente adictiva.
Se queredes comprobalo achegádevos á biblioteca onde temos algúns exemplares das súas obras preparados para que disfrutedes da súa fascinación...



Se queredes saber algo máis dela premede neste enlace ou neste
Tamén podedes escoitar unha entrevista con ela (en inglés, pero vós ben podedes, que non se diga...)