Amosando publicacións coa etiqueta DOMINGO VILLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DOMINGO VILLAR. Amosar todas as publicacións

17/12/13


Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.
Premio "autor do ano 2009" concedido polos lectores da web Fervenzas Literarias.
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria pola novela A praia dos afogados.
Obras de Domingo Villar no catálogo:
- A praia dos afogados ISBN: 978-84-9865-180-5
- Ollos de auga ISBN: 978-84-8288-927-6

25/02/13

INVESTIGANDO POLAS RÍAS BAIXAS


Logo de ler Ollos de agua, adéntrome nesta segunda lectura na que os nosos heroes tentan resolver o que semella ser un suicidio, que por mor dun pequeno detalle e a intuición do inspector Leo Caldas, podería ser un asasinato encuberto. Trátase da aparición do cadáver dun mariñeiro, alcumado O Rubio, nunha praia de Panxón
Hai momentos no que a investigación parece estancarse, pero el sempre tenta abrir novas vías que permitan resolver este misterio acompañado do seu axudante, Rafael Estévez, un aragonés de armas tomar cun carácter totalmente distinto do seu superior.

Praia da Madorra (Panxón)
Por outra banda, o inspector está atravesando unha etapa persoal complicada. Ven de romper coa súa parella, ten un familiar no hospital, procura estar máis pendente do seu pai... Esto repercútelle nas súas investigacións xa que lle dá moitas voltas á cabeza sobre o pouco tempo que lle dedica a súa vida persoal. 
Ó longo da obra van aparecendo novas pistas que levan a percorrer diferentes localidades costeiras galegas como Vigo, Neda, Aguiño...
Recoméndovos ler esta novela porque é moi agradable e mantenvos intrigados ata o final. Pero, teredes que ler a primeira para coñecer a maneira de ser e de actuar dos personaxes.
Fernando Costa 

04/11/12

PASAREDES UN BO RATO

Este libro relátanos a investigación que realiza o inspector Leo Caldas sobre o asasinato cometido na illa da Toralla dun músico. Este caso desenvólvese no entorno da cidade de Vigo, concretamente no ambiente nocturno. Durante a súa investigación vese implicado algún personaxe do círculo da alta burguesía viguesa.

Illa da Toralla
É unha novela apasionante, moi entretida e o mesmo tempo mézclase co humor que trata de envolver ó lector. Recoméndovos ler esta novela, xa que pasaredes un bo rato rindo coa forma de ser de Rafael Estévez que foi destinado en Vigo por mor da súa forma de traballar coma policía.

Déixovos cunha curtametraxe feita por uns alumnos do IES Mendiño representando esta novela.


Fernando Costa