23/06/14

FIN DE ETAPA





Outro curso, outras experiencias que vivimos individual e conxuntamente. Onte iniciamos unha nova paréntese (porque en outubro retomaremos o ritmo) nas lecturas do Club. Unha comida deu paso a algunhas reflexións sobre o que significou o presente ano e, sobre todo, que botamos en falta de cara ao próximo. O mundo do cómic é o grande ausente nas sesións de Elvilendo. O próximo curso non pode faltar. Con esta idea seguiremos a ler pola nosa conta durante o verán porque é algo que precisamos e ninguén nolo vai prohibir.
A persoa que gozou inmensamente coordinando este club desde o seu nacemento seguirá observando con moita morriña a súa marcha desde o exterior.
Que teñades un bo descanso e unhas lecturas estivais gratificantes.Grazas a todos/todas que me ilusionastes estes anos.
Lois Cambeiro