UN ARTIGO DE pEDRO fEIJOO
e outro de BRÉTEMAS
Laura Sabugo, 1º bacharelatoCada día síntome máis orgullosa de formar parte do alumnado do IES ELVIÑA. E, cando digo isto, é por unha razón de peso. O pasado xoves, 15 de Maio, contamos coa presenza dun escritor galego coñecido sobre todo pola súa novela "Os fillos do mar". El é Pedro Feijoo.
En primeiro lugar, mostrounos algunhas facetas da súa traxectoria que descoñecíamos. Ademais de adicarse á escritura, tamén foi membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. Pero iso deixou de ser importante para poder centrarse de cheo na literatura, xa que é un longo camiño debido ós prexuízos que existen contra a literatura galega.Posteriormente, algúns alumnos (ademais de Elviña, había tamén lectores de Carballo e do Urbano Lugrís) fixéronlle varias preguntas dende a súa vida ata as súas obras, unha desas cuestións foi que para escribir tes que sentir algún tipo de paixón ou algo no que te vexas reflexado para poder transmitilo.Así que Pedro respondeu con claridade e dixo que, por exemplo, en Os fillos do mar quería deixar a constancia do peso da memoria da historia; a través do protagonista (Simón Varela) rescatou a historia da cidade de Vigo e das súas construccións.Outra pregunta foi en quen se inspirara para escribir as súas novelas. Dixo que en varios autores importantes da historia da literatura galega, como Rosalía; pero, sobre todo, en Eduardo Mendoza e Suso del Toro.Ademáis, tamén nos contou que na súa primeira novela (Os fillos do mar) non quería escribila cunha trama que podía ubicarse en calquera parte da xeografía española, senón todo o contario: construír unha trama que só sucedese en Galicia, utilizando uns referentes galegos, para darlle unha aparencia de novela áxil, entretida, pero cunha historia e cuns referentes nosos.
Aquí tedes o vídeo (grabado polo noso Carlos) que da fe da crónica.
A principio do trimestre, no club de lectura, comezamos a ler esta fantástica novela escrita por Pedro Feijoo,"Os fillos do mar". Unha gran mestura entre aventuras, suspense, historia e amor.
Despoís de primeira impresión de "buf que gordo" cando o vin, unha vez que comezas a lelo a ganas de saber máis aventuras impide que o deixes aparcado.
Simón Varela é un arquitecto vigués un tanto mediocre que un bo día recibe a chamada de Isabel Llovet, a cabeza dunha importante e turbia familia das máis poderosas de Vigo, para ofrecerlle un proxecto de restauración na Casa Grande. Despóis da morte da señora Llovet, Simón vese sumerxido nun gran lio no que ao principio non entende porque está alí. Xunto a Mariña, filla de Isabel e Eneas Dafonte, empezan a investigar o verdadeiro pasado da familia e a causa pola que el está metido nesa intriga da que xa non pode sair.
Toda esta historia contada cun gran toque humorístico e a importancia da arquitectura de Vigo, a cal Pedro Feijoo nos describe dunha forma tan detalla que na nosa mente parece que estamos vendo unha fotografía. Non so de Vigo senón tamén a importancia que cobra no relato a ponte de Rande, a illa de Ons e a ría de Vigo.
Resumindo, é unha novela un pouco extensa pero que merece moito a pena que a leades.
Ana Vázquez, 1º Bacharelato
Na 2ª avaliación os alumnos do club de lectura lemos o libro "Os fillos do mar" de Pedro Feijoo, unha novela na que a historia principal esta baseada no tesouro afundido dos galeóns de Rande.
Gustounos moito este libro porque é moi entretido e ainda que é un pouco longo, é moi sinxelo de ler.
Parécennos moi interesante como o autor describe ata o último detalle da cidade de Vigo, do burato do inferno...
Recomendamos a lectura desta novela.
Esta novela creounos curiosidade e puxémonos a investigar sobre se a historia contada no libro sobre o afundimento dos galeóns que viñan de América era verdade...
Se queres saber máis... preme aquí
| Illas Cíes |
![]() |
| Burato do Inferno (illas Ons) |