15/04/15

Carolina coméntanos as súas impresións sobre o club e a lectura





¿Por qué me apuntei ao club de lectura?

 Apunteime ao club de lectura porque me gusta moito ler e noto que a miña imaxinación consigue chegar máis lonxe. Ademais moitas das miñas amigas apuntáronse tamén. Cando hai reunións (cada 15 días no segundo recreo os xoves) sempre traen algunhas galletas, biscoitos, pasteis...Pasámolo moi ben e comentamos os libros. Algunhas veces non estamos de acordo xa que non todos temos os mesmos gustos.Tamén facemos algunhas actividades, fai pouco aprendemos e recitamos o poema "Adeus ríos, adeus fontes" de Rosalía de Castro. Eu   recoméndovos que vos apuntedes.
Que lemos? 

O achado do castro
Este é o libro que menos me gustou, pero non é porque non sexa unha boa hsitoria, se non que é poruqe a min non me gusta moito ler teatro, facelo encántame, pero lelo non tanto. Éste libro vai dun amor imposible, un mozo e unha moza que se amam pero os seus pais non lles deixan estar xuntos, triunfará o seu amor? esta libro, ten un toque cómico. Eu llo recomento a xente a que non lle gusta moito ler porque é unha lectura moi fácil, pero tamén llo recomendo a xente a que lle gusta ler libros graciosos.

 Prohibido ler a Lewis Caroll
Este libro en vez de estar en galego esta en castelán. É o segundo libro e un dos que más me gustou. Trata dunha nena obsesionada con Alicia no país das marabillas, a nena ten unha torpe institutriz. Na historia tamén aparecen o tío da nena que a axuda, e os seus pais. O tema é moi interesante a vez que gracioso, pareceme que defende a imaxinación. Eu recomendaríallo a xente que ten moita imaxinación e que lle gusta ler libros graciosos.

 Escarlatina a cociñeira defunta
Moito me gustou, tanto que o rematei a tarde do mesmo día que mo deron. Poucos somos os que o lemos, xa que case máis da metade non o leron por que dician que era moi infantil, tal vez teñan razón, pero eu se estivera no caso de que un libro non me gusta o remataria, xa que as veces un final inesperado pode cambiar o teu pensamento sobre o libro e eu creo que é o que pasa con este, ademas que para iso está o club de lectura, para ler e comentar os libros e descubrir o teu gusto. O libro trata dun neno chamado Román ao que lle gusta moito cociñar. Polo seu décimo aniversario pidelle ós seus pais un curso de cociña, pero... que será o que lle traerán? Eu   recoméndollo a xente a que lle gusta ler sobre o inframundo.

Agora estamos lendo un libro chamado Corazón de tinta, é polo de agora a min estame gustando moito, é o máis longo dos que lemos, terá unhas.. seiscentas e pico páxinas e eu xa vou pola oitenta e seis faltame moito, pero dáme igual, xa que se non ata que polo meu aniversario me regalen un libro non teño nada que ler.