21/01/16

ANDREA CASTRO


Abdulwahid, chámase como o levantador de pesas iraquí que conseguiu unha medalla olímpica de bronce, o único da historia deste país. Vive co seu pai, Ibrahim, carteiro que reparte o correo na súa motocicleta, e Fatiha, a nai; nunha humilde casa cunha habitación única, no barrio de Karrada, en Bagdad.
Agora, coa guerra, os comercios permanecen pechados, el non pode ir a escola e a súa nai apenas sae de casa pola inseguridade. Só as tardes do venres toda a cidade descansa das bombas e ambulancias porque é a hora do rezo. Paran os suníes e tamén os chiíes.
Pasan os meses e nada cambia. Un día, o pai aparece sangrando, pois un coche perseguido por soldados provocoulle un accidente coa moto. Por si morre, fai xurar ó seu fillo que encontrará o destinatario dunha carta que debe entregar con necesidade. Consegue entregala coa axuda do seu amigo Ahmed, que ten que ver a escondidas, pois é chií. Os dous chicos van a casucha do ancián Faysal, o destinatario da carta. Nela, o seu fillo envíalle dende Siria semillas.
Pola noite, volven a casa. El ten medo de encontrar ó seu pai morto. Pero entón escoita o ruído familiar dunha motocicleta, que baixa tambaleando dun lado a outro na calle...