Os alumnos e alumnas de Latín e Grego lemos a Epicuro aproveitando un paseo peripatético por Santiago de Compostela:
"É preciso lembrar que o futuro non é noso nin totalmente non noso para que non agardemos que o sexa totalmente nin desesperemos de que totalmente non o sexa" Epicuro.
Isto sucedeu despois de asistir a un magnífico obradoiro de escritura impartido pola SEEC na Facultade de Filoloxía:
Nestes estupendos obradoiros tamén se tratou a música antiga e as súas reconstrucións como o marabilloso epitafio de Séikilos: