14/05/16

Xuntanza festiva no Ágora

O día 12 de maio reunímonos no Ágora os Clubs de Lectura dos IES Monelos, Monte das Moas, Zalaeta, Agra, Dieste e Elviña para celebrar o día das Letras Galegas. E vaia se o celebramos! Comezamos cun fermoso concerto de grupo Xardín Desordenado que cantou poemas en torno á figura de Manuel María:




E continuamos coa Gala do concurso de Videoanimación no que se entregaron os premios aos mellores traballos efectuados polos compoñentes dos diferentes clubes: Entre os afortunados estaban dous lectores - videoanimadores de Elviña: Miguel e Aarón


Deixamos varios documentos gráficos que ilustran o evento:








E unha mostra dunha das cancións do grupo: