16/10/20

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020

 A poetisa Olga Novo foi a escollida polo xurado dando por feito a calidade da nosa poesía. Non é casualidade que en dous anos consecutivos (2019, Pilar Pallarés), a poesía galega acadase este prestixioso premio. 






Nova en Nós Diario


Se a queredes coñecer mellor, podedes mirar aquí: Historia da literatura galega


Nós preferimos que fale ela e a súa poesía


Aquí podedes escoitar un poema dela musicado por Xardín Desordenado: Son de poetas

O INEFABLE

Antes
acudían a min as palabras enganchadas a arados do cerebro
coma quen levanta terrós lingüísticos e fala do amor
e as circunstancias
con total precisión e planta
patacas
no medio dun poema
e nacen.

Antes
facía faíscas xuntando duas vogais
coma se un chisqueiro fixera chama no medio da gorxa
e con iso eu podía
falar a voz
dos seres inertes que tiñan á miña mente buscar refuxio.

Ai
pero iso era antes.

Agora
amo con exactitude hormonal
e a miña boca é un animal bivalvo
que só se abre para pechar o abismo.

Agora
eu mírote extasiada mentres dormes
e disólvome no costro fulgurante
coma unha estrela que lle dera de mamar fósforo ao ceo.

E falo na linguaxe que non serve
no silencio da sílaba primeira:
deséxoche que sexas amada tolamente
e que ningún poder poida
amainar nunca
a túa
Feliz
Furia.

En Feliz Idade (2019)



28/06/18

Xincana final do club de lectura 

Despois de tantos libros, mereciamos unha xornada distinta. Fixemos unha competición por equipos localizando persoeiros enterrados en San Amaro e esculturas no campo da Torre.


Se queredes ver como o pasamos, aquí tedes o vídeo 


https://youtu.be/3rwOOZiVyNg

26/06/18

Casa Hamlet

O grupo de teatro coruñés visitou o IES Elviña, poñendo en escena o espectáculo Venecia Dies para conmemorar a Semana do libro. O espectáculo consta de diversas piezas breves de distintos autores (W. Shakespeare, A. Cunqueiro, E.A. Poe...), é foi representado excepcionalmente para o alumnado de  4º de ESO do centro.

Tras a representación, houbo  un coloquio cos actores aos que o alumnado fixo preguntas arredor deste difícil oficio.


A semana do libro no IES Elviña

Coa colaboración do profesorado, fíxose unha gran exposición que foi visitada por todos os cursos. Na biblioteca tivo lugar unha exposición ede libros en distintas linguas  con seccións no interesantes como a dedicada aos libros antigos. Expuxéronse misceláneas medievais, edicións moi valiosas como as  Danzas da morte, textos xurídicos do s. XVII e biblias el alfabeto crítico.


Esta e outras actividades coordinadas pola Biblioteca e os departamentos de linguas do centro pretenden fomentar a lectura e abrir los horizontes do plurilingüismo.

 

 

08/05/18

Poemas sobre o mar



No club de lectura lemos Volverás golfiño, de Andrea Maceiras.

Esta lectura suxeriu algúns poemas a Isis, 1º C

Amor no mar
Aquelas noites
que pasei no mar
aqueles días
non poden voltar.
Os meus pés descalzos
pegadas baleiras.
Os meus ollos cansos,
pousados nos días
Os meus pensamentos
pousados na area.
Aqueles recordos
debaixo da terra.

No fondo do mar
A luz do faro
de Cabo Vilán
é a luz da morte,
a luz do mar.
Pesqueiros, navíos
non han de chegar
á zona costeira
de Cabo Vilán.
O camiño é duro,
has de cavilar
se queres chegar
ou morrer no mar.
A Costa da Morte
chámase así
por xente que dorme
no seu balancín


Asasinato
Durme, miña nena,
durme, bolboreta
que has de durmir
sen mal e sen pena.
Durme o teu pai e
durme o teu curán,
non chores meniña
non penses no mar.
Morreu o avó,
morreu o barco.
Morrerás ti
alí embaixo.
Durme, meniña,
durme no mar
con moita sorte
has de naufragar

Un momento
Deixádeme a soas
cos meus pensamentos.
Deixádeme pensar
tan só un momento.
Deixádeme chorar
sen ter un motivo.
Deixádeme berrar
lembrar o olvido.
Nunca por tantos
Nunca tan pouco
Nunca me esquecen
Nunca me deixan so
Á merda os que odian
e desprenden amargura

17/04/18

Entrega de premios do Certame de Microrrelatos Grupo Dado

Hoxe foi a gala de entrega de premios do grupo Dado. Tivemos a honra de ter seleccionados como finalistas a dous alumnos:

Samuel Rey de 2º A
Azahara Merlo de 3º A


Finalmente, gañou o primeiro premio

Azahara Merlo 

"A humidade sobre a miña meixela presente, xusto despois de que algo brando e suave se pouse sobre ela. Adoro os bicos da miña muller, sobre todo, os de bos días, cando aínda estamos na cama.

Cos ollos pechados, a miña man busca o seu corpo e cando atopo a fina tela do seu camisón, un sorriso alumea o meu rostro. Soamente cando abro os ollos, decátome de que a humidade da miña meixela son bágoas. Choro por ter o seu camisón, pero non a ela."



Parabéns, Azahara!!!!

Recomendacións lectoras dos usuarios das Bibliotecas Municipais


Recomendacións lectoras

Nas nosas Bibliotecas Municipais a túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas nosas Bibliotecas  que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
Lísel y Po/ Lauren Oliver
A nena do abrigo de astracá/ Xabier P. Docampo
Dunkerque (dvd)
Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio/ C. Babio Urkidi
El fin de la banca/ Jonathan McMillan
La bailarina de Auschwitz/ Edith Eger
El secreto del orfebre/  Elia Barceló
Mi negro pasado/ Laura Esquivel
Llámame por tu nombre/ André Aciman
Carmen la rebelde/ Pilar Eyre
La bruja/ Camilla Lackberg
A cacería/ Amadeo Cobas
La máscara de plata/ Black, Holly
Héroe en deportivas/  Menéndez-Ponte, María
Perrock Holmes 2: Pistas a cuatro patas/ Isaac Palmiola
Perrock Holmes 5: Aquí hay Gatson encerrado/  Isaac Palmiola
Perrock Holmes 7: se ha escrito un secuestro/ Isaac Palmiola
Eskoria/ Gómez Cerdá
El chico de la flecha/ Espìdo Freire
Las desventuras del Joven Werther/  Goethe
A cazadora de estrelas/ María Canosa
Coller as rendas/ Yolanda Castaño
En un bosque muy oscuro/ Ruth Ware
La transparencia del tiempo/ Leonardo Padura
Destino Londres. Colección Yes, We Dance ; 2/ Esther Sanz
El diario de Super Marta y cía./ Ana Bermejo
Elisa e Marcela/ Narciso de Gabriel
Las dos señoras Abbott/ D.E. Stevenson
Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun  xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.

26/02/18

Clubs de lectura 2ª avaliación

Seguimos co periplo lector.
En 1º, logo de ler Mentira de Care Santos, decidimos cambiar radicalmente de temática e, aproveitando que a exposición do Prestige está no noso centro neste momento, estamos con Volverás golfiño, de Andrea Maceiras.




En 2º somos tan afeccionados a Care Santos que estamos rematando Verdade, a continuación que rabeabamos por ler.

http://www.caresantos.com/
Andrea Maceiras

18/12/17

Día das linguas europeas

Celebramos este día especial coa lectura de poemas nas distintas linguas do noso alumnado.



31/10/17

Polo Samaín, contos lin

O lobo da xente, relatos de terror do alumnado de 3º, lendas de 2º, moito lemos hoxe na biblioteca. 








24/10/17

Entrevista a Care Santos



Care Santos é a autora de Mentira, o libro do club de lectura de 2º ESO.

Chamádeme Simbad

Eis o tráiler de Chamádeme Simbad creado polo alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero.

Clubs de lectura 2017

Este curso contamos cunha ampla colaboración do alumnado de 1º e 2º. Reunímonos  no segundo recreo os xoves cada 15 días.

Algúns dos títulos que imos ler son
Chamádeme Simbad de Francisco Castro
Mentira de Care Santos
A Odisea (adaptación)
Un bosque de hoja caduca de Gonzalo Moure
Cuentos de la selva de Horacio Quiroga
La isla de los cazadores de pájaros de Peter May


Estamos impacientes esperando a seguinte reunión. 
Deica logo!

27/03/17

Ray Bradbury e "Crónicas marcianas"

Lecturas de 2º de ESO

     Os alumnos do club de lectura Elvilendo de 2º de ESO veñen de ler a famosa obra de Ray Bradbury Crónicas marcianas publicada no ano 1950. Estas son as súas reseñas da obra.

Crónicas marcianas é un conxunto de pequenos relatos escritos na década de 1940 polo escritor norteamericano Ray Bradbury. Todos eles narran en orde cronolóxica desde 1999 a colonización de Marte, pero desde diferentes perspectivas ás habituais, por exemplo, amosando como reaccionan os nativos marciáns ante criaturas tan diferentes a eles, ou como o home, despois de consumir o seu propio planeta natal, se expando a outros mundos, levando consigo a súa voracidade.

Miguel Rodríguez Mosquera, 2º ESO A


Crónicas marcianas é un libro escrito por Ray Bradbury. Este libro fala da colonización de Marte por parte dos humáns con un toque humorístico e filosófico. A historia transcorre desde 1999 ata o ano 2026, pero desde o punto de vista da xente en 1940, cando a obra foi redactada. A meirande parte da historia céntrase na interacción entre o home e a cultura deixada polos marciáns, pois estes case quedan extinguidos por culpa dunha enfermidade tan trivial como a varicela, traída polos astronautas humáns. É unha obra que seguro encantará a calquera que a lea, sen importar a súa idade.

Íker Rodríguez Rodríguez, 2º ESO A


04/03/17