28/06/18

Xincana final do club de lectura 

Despois de tantos libros, mereciamos unha xornada distinta. Fixemos unha competición por equipos localizando persoeiros enterrados en San Amaro e esculturas no campo da Torre.


Se queredes ver como o pasamos, aquí tedes o vídeo 


https://youtu.be/3rwOOZiVyNg

26/06/18

Casa Hamlet

O grupo de teatro coruñés visitou o IES Elviña, poñendo en escena o espectáculo Venecia Dies para conmemorar a Semana do libro. O espectáculo consta de diversas piezas breves de distintos autores (W. Shakespeare, A. Cunqueiro, E.A. Poe...), é foi representado excepcionalmente para o alumnado de  4º de ESO do centro.

Tras a representación, houbo  un coloquio cos actores aos que o alumnado fixo preguntas arredor deste difícil oficio.


A semana do libro no IES Elviña

Coa colaboración do profesorado, fíxose unha gran exposición que foi visitada por todos os cursos. Na biblioteca tivo lugar unha exposición ede libros en distintas linguas  con seccións no interesantes como a dedicada aos libros antigos. Expuxéronse misceláneas medievais, edicións moi valiosas como as  Danzas da morte, textos xurídicos do s. XVII e biblias el alfabeto crítico.


Esta e outras actividades coordinadas pola Biblioteca e os departamentos de linguas do centro pretenden fomentar a lectura e abrir los horizontes do plurilingüismo.

 

 

08/05/18

Poemas sobre o mar



No club de lectura lemos Volverás golfiño, de Andrea Maceiras.

Esta lectura suxeriu algúns poemas a Isis, 1º C

Amor no mar
Aquelas noites
que pasei no mar
aqueles días
non poden voltar.
Os meus pés descalzos
pegadas baleiras.
Os meus ollos cansos,
pousados nos días
Os meus pensamentos
pousados na area.
Aqueles recordos
debaixo da terra.

No fondo do mar
A luz do faro
de Cabo Vilán
é a luz da morte,
a luz do mar.
Pesqueiros, navíos
non han de chegar
á zona costeira
de Cabo Vilán.
O camiño é duro,
has de cavilar
se queres chegar
ou morrer no mar.
A Costa da Morte
chámase así
por xente que dorme
no seu balancín


Asasinato
Durme, miña nena,
durme, bolboreta
que has de durmir
sen mal e sen pena.
Durme o teu pai e
durme o teu curán,
non chores meniña
non penses no mar.
Morreu o avó,
morreu o barco.
Morrerás ti
alí embaixo.
Durme, meniña,
durme no mar
con moita sorte
has de naufragar

Un momento
Deixádeme a soas
cos meus pensamentos.
Deixádeme pensar
tan só un momento.
Deixádeme chorar
sen ter un motivo.
Deixádeme berrar
lembrar o olvido.
Nunca por tantos
Nunca tan pouco
Nunca me esquecen
Nunca me deixan so
Á merda os que odian
e desprenden amargura

17/04/18

Entrega de premios do Certame de Microrrelatos Grupo Dado

Hoxe foi a gala de entrega de premios do grupo Dado. Tivemos a honra de ter seleccionados como finalistas a dous alumnos:

Samuel Rey de 2º A
Azahara Merlo de 3º A


Finalmente, gañou o primeiro premio

Azahara Merlo 

"A humidade sobre a miña meixela presente, xusto despois de que algo brando e suave se pouse sobre ela. Adoro os bicos da miña muller, sobre todo, os de bos días, cando aínda estamos na cama.

Cos ollos pechados, a miña man busca o seu corpo e cando atopo a fina tela do seu camisón, un sorriso alumea o meu rostro. Soamente cando abro os ollos, decátome de que a humidade da miña meixela son bágoas. Choro por ter o seu camisón, pero non a ela."



Parabéns, Azahara!!!!

Recomendacións lectoras dos usuarios das Bibliotecas Municipais


Recomendacións lectoras

Nas nosas Bibliotecas Municipais a túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas nosas Bibliotecas  que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
Lísel y Po/ Lauren Oliver
A nena do abrigo de astracá/ Xabier P. Docampo
Dunkerque (dvd)
Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio/ C. Babio Urkidi
El fin de la banca/ Jonathan McMillan
La bailarina de Auschwitz/ Edith Eger
El secreto del orfebre/  Elia Barceló
Mi negro pasado/ Laura Esquivel
Llámame por tu nombre/ André Aciman
Carmen la rebelde/ Pilar Eyre
La bruja/ Camilla Lackberg
A cacería/ Amadeo Cobas
La máscara de plata/ Black, Holly
Héroe en deportivas/  Menéndez-Ponte, María
Perrock Holmes 2: Pistas a cuatro patas/ Isaac Palmiola
Perrock Holmes 5: Aquí hay Gatson encerrado/  Isaac Palmiola
Perrock Holmes 7: se ha escrito un secuestro/ Isaac Palmiola
Eskoria/ Gómez Cerdá
El chico de la flecha/ Espìdo Freire
Las desventuras del Joven Werther/  Goethe
A cazadora de estrelas/ María Canosa
Coller as rendas/ Yolanda Castaño
En un bosque muy oscuro/ Ruth Ware
La transparencia del tiempo/ Leonardo Padura
Destino Londres. Colección Yes, We Dance ; 2/ Esther Sanz
El diario de Super Marta y cía./ Ana Bermejo
Elisa e Marcela/ Narciso de Gabriel
Las dos señoras Abbott/ D.E. Stevenson
Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun  xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.