22/02/12

CONTOS DAS 1001 NOITES




Este libro de Juan Tébar gustoume moito, porque as historias que se contan engaiolan dende o principio e non podes deixar de lelo.

Un rei bo descubriu que a súa muller o enganába , e con toda a rabia do mundo, empezou a degolar tantas mulleres como quixera. Pero un día as fillas do seu visir empezaron a contarlle historias co que conseguían que non degolase a máis mulleres. Chamábanse Sherezade e Dinarzade. Así durante mil e una noites, entretíñano cun conto marabilloso e distinto cada noite: historias tan fermosas coma a do Simbad o mariño, Aladino e a lámpada marabillosa, Alí Babá e os corenta ladróns... e moitas máis.

Eu recomendo este libro porque é interesante, entretén un bo rato, ademais das emocionantes aventuras que vos esperan. Cólleo na Biblioteca!

Nacho 2º A

21/02/12

UNHA DE DETECTIVES, CONSTRUTORAS, INCENDIOS....




Miguel Anxo Fernández tráenos unha nova aventura do seu personaxe máis coñecido, Frank Soutelo, que decide pasar as súas vacacions en Galiza a terra da que eran seus pais, pero o noso protagonista non vai pasar unhas vacacions normais, gran culpa disto téñena a súa prima e os incendios que calcinaron Galiza no 2006, así comeza Lume de Cobiza.

Frank reside en Los Angeles, onde ten a súa axencia de investigador privado, a Frank Soutelo Detective, pero no verán de 2006 marcha de vacacions a Galiza para poder estar afastado do traballo de sabuxo pero nesta ocasión a xogada saíulle mal,pois súa prima Sara pídelle que vaia a ver a unha amiga súa a que lle acaba de morrer o fillo, supostamente de sobredose pero os país néganse a créelo e contratan ao noso protagonista. Frank acepta o caso por cortesía pero sen contactos en Galiza e sen o seu material pouco vai poder facer, aínda así animase e tómao como un xogo. Rexistrando as cousas do defunto atopa varias pistas, unha delas é o móbil...

  Para min foi un dos mellores libros que lin nunca, sen querelo ti submérxeste na lectura e nas aventuras de Frank, que ademais conta todo cun bo sentido do humor.Outra cousa que me gustou deste libro foi a situación xeográfica na que se ambienta todo, nas aforas de Santiago, ata pasa pola miña aldea!!, en definitiva,recoméndovolo, ao principio asusta de gordo que é, pero unha vez empezado xa non hai quen pare.


PD:O libro conten moitísimos máis personaxes e historias, pero se volos poño todos non acabo hoxe, iso si son todos moi ben escollidos e moi ben encaixados.
A novela levarase ao cine Lume de Cobiza na gran pantalla.

Francisco

14/02/12

14 DE FEBREIRO


A COMEDIDA MAMBO INICIOU A SúA XIRA ESTA FIN DE SEMANA


Unha historia, 17 palabras

MENUDA ODISEA!


O autor deste libro tan interesante é  chámase Pere Tobaruela . É un libro moi interesante e xa vos digo desde o comezo que a min  me gustou  moito... moito .

Trátase dun can de palleiro que conta, como era a versión "aunténtica" da Odisea, onde viviu en realidade o héroe Ulises, non en Ítaca , senón en Barbanza .

O can vainos narrando como foron as aventuras que viviu xunto o seu amo , Ulises que,  despois dunha viaxe perigosa a Eirín,  non volveu a ser visto .

Cando xa pasaran uns anos e o seu fillo , Telémaco ,  xa estaba farto comezou a búsqueda do seu pai . Se queres averiguar se ao final o encontra xa sabes , colle o libro na biblioteca e a viaxar cos protagonistas!
Diego López 2º A

07/02/12

Hoxe cúmprense 200 anos do nacemento de Dickens


Fillo de familia humilde, xa na súa infancia coñeceu a vida do cárcere, onde viviu algún tempo despois de cumpri-los doce anos por mor de estar seu pai encadeado por débedas e existir no entón unha lei que lle permitía á familia vivir cos presos. 
O fillo Dickens traballaba nunha fábrica de betún e pasaba o fin de semana en familia, no cárcere. Anos difíciles que lle ofreceron tema inagotable para a súa obra futura e nos que só o salvaba a súa pasión polos libros. 

06/02/12

VISÍTANOS UN VELLO AMIGO

César C. Moran Fraga visitounos o pasado mércores pra ensinarnos o seu novo traballo titulado Primaveiras.
Pareceume un traballo moi dificil o seu, iso de musicar poemas de Cunqueiro. Pero tamén hai que dicir que o resultado vale o esforzo de poñer as orellas e pararse a escoitalo.
Gustoume moito e déronme ganas de saber moito máis del. Nótase en todo a admiración que sínte por Cunqueiro e o que lle gusta o que fai. Encantaríame volver a escoitalo e espero facelo pronto.



  César Morán comenta a súa visita ao noso instituto: que ben quedamos!
Marta Riveiro 4º B

04/02/12

CHEGA A PRIMAVERA

Seguro que vos gusta




Sei que a moito de vós, non vos gusta o teatro, polo menos a interpretación. Aínda que ao mellor a lectura dunha obriña non viría mal, non o credes? 
Dentro de pouco os do club de lectura acabaremos o libro ''A cazaría Salvaxe'', que por certo, é un libro incrible, onde o escritor saca todas as súas armas para facer que o ambiente sexa toda unha película de terror e paranoia. 
Bueno, pois teño unha idea, xa que Lois nos dixo que podíamos dalas. 
Xa sabedes que son unha fanática do teatro, e resulta que teño unha obra de Manuel Lourenzo, chamada Últimas Faíscas de Setembro. 
Trátase de Medea, na mitoloxía grega, era a filla de Etes e Ídia. Non pensedes que porque sexa cultura clásica e mitoloxía, sexa un rollo. En realidade o autor dalle un pouco de sal, cambiando algunhas cousas e facendo que sexa máis actual, e non chea de encantamentos, choros e sufrimento como na obra de Eurípides. 
Seguro que se a podemos ler nas reunións do club, vainos encantar e o vamos pasar moi ben.
Espero que vos guste a idea!

Yanka Almeida